Principios

En todas as súas operacións e actividades, Loterías ten un firme compromiso co xogo responsable, baseado nos seguintes principios:

 

 

1.- Incorporar mecanismos para evita-lo acceso indebido ao xogo por parte dos menores.

2.- Fomenta-la integridade e a colaboración na loita contra o xogo ilegal.

3.- Identifica-las mellores prácticas con respecto ao Xogo Responsable.

4.- Destaca o Xogo Responsable como parte integral das súas operacións, establecendo regras caras co fin de asegura-lo cumprimento da normativa aplicable e de que os intereses dos xogadores e grupos vulnerables sexan protexidos.

5.- Fomentar investigacións e/ou estudos co fin de contribuír á comprensión pola sociedade do impacto social do xogo, comunicando os seus resultados aos grupos de interese.

6.- Proporcionar ao público información precisa e adecuada para que poida facer unha selección razoable das súas actividades de xogo, promocionando actitudes de Xogo Reponsable.

7.- Facilitar formación e información, en materia de Xogo Responsable, aos empregados de SELAE e implementar programas para os Axentes de Vendas.

8.- Informar aos xogadores e Axentes de Vendas no referente a Centros Especializados de Axuda ou Asociacións, en caso de xogo excesivo.

9.- Mellora continua nos seus programas de Xogo Responsable.