Gobierno de España - Ministerio de Economía y Hacienda
Xogue sen comisións coa garantía do Estado. A única Web oficial de venda online de Loterías y Apuestas del Estado. Seleccione o idioma no que desexa ver a web:

Loterías y Apuestas del Estado

Contacte connosco

Venres 3 de setembro de 2010

Seleccione unha opción:

Agregar a favoritos

Agregar a favoritos de del.icio.us Google Bookmarks Diigo
Seleccione un xogo:

Nace a Lotería Nacional

Valorar: Valorar Valorar Valorar Valorar Valorar
Comparte este contenido: 

A actual Lotería Nacional de billetes naceu en España durante a Guerra da Independenza. D. Ciriaco González Carvajal, Ministro do Consello e Cámara de Indias, pensou nun "medio de aumentar os ingresos do erario público sen quebranto dos contribuíntes".

Ante as Cortes Xerais e Extraordinarias en Cádiz, presentou un proxecto de Lotería, cuxo precedente era a que existía en nova España, actual México, desde 1.771 e cuxo establecemento se debeu a Carlos III.

A proposta tivo unha acollida moi favorable e, en sesión do 23 de novembro de 1.811 das Cortes de Cádiz, foi aprobada sen un só voto en contra. Esta Lotería, cuxa instrución se publicou o 25 de decembro de 1.811, foi denominada polo pobo " Lotería Moderna" para diferenciala da Lotería de números ou "Lotería Primitiva" instituída en 1.763, polo Ministro de Facenda de Carlos III, Marqués de Esquilache.

O 4 de marzo de 1.812, quince días antes de que se proclamara a primeira Constitución da nosa historia, celebrouse en Cádiz o sorteo desta nova modalidade de Lotería, de acordo coas normas establecidas na instrución, cuxo preámbulo rezaba así:

“Instrución da Lotería Nacional de España que ha de establecerse en Cádiz”

"As Cortes Xerais e Extraordinarias da Nación, enteradas do proxecto que lles foi presentado dunha Lotería que se ha de nominar Nacional, e ha de ser igual á que fai moitos anos se atopa establecida na Nova España; servíronse autorizar ao Consello de Rexencia de España e Indias para que o levase a efecto do modo que considere máis útil e conveniente. En consecuencia, S. A. considerando que este pode ser un medio de aumentar os ingresos do erario público sen quebranto dos contribuíntes, e atendendo a que os fondos que se versen neste xogo, sexan manexados con fidelidade, sen agravio nin prexuízo do público interesado; para que estes fins se consigan, tivo por conveniente autorizar coa súa suprema aprobación aos señores D. Antonio Romanillos, Ministro decano do Consello Supremo de Facenda, e D. Ciriaco González Carvajal, do Consello e Cámara de Indias, para xuíces conservadores do establecemento".

A Lotería Nacional ao principio estivo circunscrita a Cádiz e San Fernando, máis tarde saltou a Ceuta, e segundo ían retirándose os exércitos napoleónicos íase estendendo a súa venda, primeiro ao resto de Andalucía e despois por toda España. O último sorteo da Lotería Moderna que se celebrou en Cádiz tivo lugar o día 27 de xaneiro de 1.814, cambiando a súa sede a Madrid que estreou sorteo o día 28 de febreiro de 1.814.

Moi pronto marcouse unha decidida preferencia do público pola Lotería Moderna, fronte á Primitiva, que quedaba patente nas cifras de vendas. No período de 1.815 a 1.817 a Lotería Moderna duplicaba os ingresos da Primitiva e nos dous anos seguintes dobrábaos con medras. En 1.817 funcionaban en España 497 administracións de Lotería, das cales vinte e cinco estaban situadas no núcleo de Madrid e cinco estaban no núcleo urbano de Barcelona, sendo desempeñadas todas por varóns, excepto dúas, unha en Barcelona e outra en Murcia, rexentadas por mulleres.

* Información extraída do Boletín L.A.E.

Etiquetas relacionadas



Engadir comentario

Non perda a oportunidade de opinar sobre este artigo e debatir sobre el. Esta utilidade está pensada para comentar o contido que está vendo. Para dúbidas e suxestións, por favor utilice a sección. Contacte connosco.. Contacte connosco.

Formulario para añadir comentario:



Non importan as maiúsculas nin as minúsculas.
Non introduza espazos entre números e letras.