O DÿCIMO DE LOTERÍA, VEHÍCULO CULTURAL
Desde 1960, a Lotería Nacional ilustra os seus billetes con temas monográficos variados que ofrecen aos afeccionados a posibilidade de coñecer as máis diversas materias artísticas, científicas, literarias, etc., convertendo así o décimo nun excelente vehículo cultural, ademais de constituír un magnífico entretemento a través do coleccionismo.
En 1992 celebráronse os actos conmemorativos do V Centenario do Descubrimento de América; Lotería Nacional, consciente da magnitude do evento, non quixo permanecer á marxe e, como achega á tarefa común deu a coñecer a elaboración e realización daquela xesta mediante as ilustracións impresas nos seus billetes.
A temática relacionada co descubrimento de América iniciouse en 1983, sendo a ”xénese do Descubrimento” o título que deu comezo á serie.
En 1984 e 1985, as ilustracións dos décimos versaron sobre “As Culturas Precolombinas”; en 1986 o tema constituíuno “O Proxecto de Colón”, e en 1987 co título de “Iberoamérica: desde o Descubrimento ata a Independenza”, púxose fin a esta serie de temas dedicados ao Descubrimento de América, que se desenvolveu ao longo de 5 anos.
No ano 1988 no que se cumpría o II Centenario de Carlos III, monarca baixo cuxo mandato nacía en 1763 a Lotería no noso país, e sumándose aos actos que se levaron a cabo para conmemorar este acontecemento plasmáronse en fermosas viñetas a toda cor as diversas personaxes e feitos relacionados co mandato deste popular rei, reunidos baixo o título de “Carlos III e a Ilustración”.
No ano 1989 iniciouse un novo e interesante tema demarcado acento cultural, titulado “Belezas de España” onde quedou reflectido semana tras semana unha pequena mostra dos fermosos monumentos, paisaxes pintorescas e lugares típicos do noso país, que concluíu o ano 1990.
O tema monográfico co que Lotería Nacional ilustra aos seus décimos durante o bienio 1991-1992, “Arquitectura Popular Española”, entróncase co titulado “Belezas de España”.
Durante o ano 1993 o tema foi “Pintura e Escultura Española”, durante 1994 “Castelos de España”, o ano 1995 as ilustracións dos décimos estiveron dedicadas á “Arte Romana en España”. Nos anos 1996, 1997 e 1998 as ilustracións corresponden ao tema “Arte nas Catedrais Españolas”.
No ano 1999 o tema dedicouse a “Natureza e Flora” típicos do contorno xeográfico do noso país, así como monográficos á “Enxeñería Española”.
Durante os anos 2000 e 2001, as ilustracións dos décimos estiveron dedicadas á “Artesanía Española” ofrecendo unha inmellorable mostra de produtos de todos os recunchos do territorio.
O ano 2002 o tema dos décimos foi “Deportes”.
As ilustracións dos anos 2003 e 2004, non desenvolveron un tema xeral concreto, téndose dedicado a aniversarios e efemérides de diversas Asociacións e Institucións.
No ano 2005 a Lotería Nacional retoma a tradición de ilustrar os seus billetes con temas monográficos, cunha magnífica colección de Reloxos de época conservados en distintos Palacios, propiedade de Patrimonio Nacional, sen prexuízo de contribuír, nalgúns casos, á difusión de determinados eventos e conmemoracións varias.
No ano 2006, 2007 e 2008 as ilustracións dos billetes de Lotería Nacional están dedicadas ao tema monográfico "FAROS DE ESPAÑA", sen prexuízo de difundir algúns eventos e conmemoracións de interese xeral.
Os temas dos billetes de Lotería Nacional desde o ano 1960 foron os seguintes: