1. Protección da Privacidade do Participante
L.A.E. comprométese a manter a privacidade dos seus datos persoais, dos Xogos en que participan (combinacións e pronósticos elixidos, número, sorteos, datas, etc.), no seu caso do pagamento de premios, e das súas transaccións económicas axustándose ao establecido na Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal e a súa normativa complementaria. Os ditos datos empreganse unicamente para xestionar a súa participación nos Xogos e para permitir a xestión operativa e comercial dos Xogos.
Os datos considéranse confidenciais e non serán comunicados a terceiros en ningún caso, agás para o desenvolvemento dos Xogos, o cal inclúe ás entidades bancarias para o cobro de produto, e segundo corresponda, o pagamento de premios; ademais, no caso de premios superiores a 3.000 euros e por imperativo legal, comunicarase o feito á Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT).
Unicamente utilizaranse os datos agregados e totalmente disociados dos datos de carácter persoal para a xestión do xogo así como estatísticas e informes ou memorias relacionados co sector do xogo.
2. Comunicacións á súa medida
L.A.E. comprométese enviar as estritas comunicacións necesarias en relación coa súa participación nos Xogos, e a remitir informacións comerciais sobre os Xogos, ou informacións doutra natureza, unicamente a aqueles participantes que así o solicitaran expresamente no proceso de rexistro.
A aceptación da remisión de información comercial é totalmente voluntaria e non é condición obrigatoria para a participación nos Xogos.
Toda comunicación co usuario en relación coa participación nos Xogos producirase mediante correo electrónico ou mensaxe móbil, agás casos excepcionais en que puidera ser mediante outros condutos; nos ditos casos verificarase como primeira medida a identidade do receptor da mensaxe.
O usuario poderá darse de alta ou baixa en calquera momento e de forma gratuíta, a través da súa conta persoal na web, accedendo á páxina do “Meu perfil”.
3. Tratamento de Datos de Carácter Persoal
Só será necesario achegar datos persoais para o caso de querer converterse en Participante. Polo tanto, esta canle web non recolle nin almacena datos persoais dos seus visitantes.
Non se solicitará ningún dato sen o seu coñecemento e autorización. L.A.E. non preve ningunha cesión de datos a terceiros. En calquera caso, L.A.E. nunca cederá os ditos datos a terceiros sen requirir ao Participante consentimento explícito previo. Porén, para a prestación do servizo é preciso comunicar os datos imprescindibles con entidades externas: entidades do sistema financeiro para cobros e pagamentos, e, por imperativo legal, a comunicación de premios superiores á AEAT.
L.A.E. trata os ditos datos seguindo a mellor praxis profesional e empregando os maiores estándares de xestión da seguridade da información, tanto no aseguramento da súa integridade coma da súa confidencialidade.
L.A.E. cumpre escrupulosamente coa lexislación vixente en España, e en particular no relativo ao tratamento de datos de carácter persoal dos Participantes: a recollida de datos persoaise o seu tratamento posterior suxeitanse ao establecido pola Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (en adiante LOPD) e a súa normativa complementaria (entre outras, Real Decreto 1720/2007, do 21 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro).
En concreto, e en cumprimento co deber de información previo ao tratamento, cada Participante é informado no momento da recollida dos seus datos de:
A recollida de datos de carácter persoal realízase cubrindo os formularios de alta para acceso e uso da canle web e os seus servizos e contactos para o envío de suxestións e/ou reclamacións.
Tamén poderán recollerse datos persoais a través do número 902 48 18 18.
L.A.E. descartará canta comunicación reciba que inclúa datos de carácter persoal facilitados por menores de idade non emancipados ou persoas que non contan con capacidade legal para obrar e que non conten co consentimento dos seus pais, titores ou representantes legais, xa que a lexislación vixente non permite solicitar ou tratar datos de carácter persoal sen o seu consentimento.