Tu navegador no soporta Javascript

Aviso legal

1. TITULARIDADE

O portal www.loteriasyapuestas.es é titularidade da Sociedad Estatal Loterías y Apuestas del Estado, S.A. (SELAE), domiciliada na c/ Capitán Haya 53, 28020 Madrid e o seu CIF é A86171964. Está inscrita no Rexistro Mercantil de Madrid no tomo 28078, folio 202, sección 8ª, folla M - 505970, inscrición 1ª.

LAE foi creada con efectos ao 16 de marzo de 2011 en virtude do que se establece no Real decreto Lei 13/2010, de actuacións no ámbito fiscal, laboral e liberalizadoras para fomentar o investimento e creación de emprego, do 3 de novembro, validado polo Congreso dos Deputados o 14 de decembro de 2010, na disposición adicional cuadraxésima da Lei 39/2010, do 22 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2011, así como no Acordo do Consello de Ministros do 11 de marzo de 2011.

LAE ten por obxecto a xestión, explotación e comercialización da actividade do xogo nas súas distintas modalidades, como por exemplo, os xogos propiamente ditos, lotarías, apostas, rifas e concursos, tanto os realizados a través de medios presenciais como a través de canles electrónicas, informáticas, telemáticas, interactivas, audiovisuais ou calquera outras que se puidesen crear ou establecer no futuro.

LAE informa de que non autorizou ningún terceiro a venda de ningún dos seus produtos a través da internet ou outros medios electrónicos ou audiovisuais. Esta é a única web oficial de xogo de Loterías y Apuestas del Estado. Por iso, SELAE non é nin será responsable das actuacións que poidan realizar as persoas ou entidades que xestionen ou que participan dalgunha maneira noutras páxinas web distintas desta web.

LAE resérvase o exercicio de cantas accións estime oportunas para a defensa dos seus lexítimos dereitos e intereses no caso de que a actuación de calquera terceiro poida causarlle algún tipo de dano ou prexuízo.

2. OBXECTO DA WEB.

O Portal é unha iniciativa de L.A.E. que persigue un dobre obxectivo:

  • Unha área promocional de carácter público.
  • Unha área privada que permite a participación no sistema de venda de apostas e sorteos previa identificación do participante.

3. PRIVACIDADE, COMUNICACIÿNS E PROTECCIÿN DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL.

3.1. Protección da Privacidade do Participante

L.A.E. comprométese a manter a privacidade dos seus datos persoais, dos Xogos en que participan (combinacións e pronósticos elixidos, número, sorteos, datas, etc.), no seu caso do pagamento de premios, e das súas transaccións económicas axustándose ao establecido na Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal e a súa normativa complementaria. Os ditos datos empreganse unicamente para xestionar a súa participación nos Xogos e para permitir a xestión operativa e comercial dos Xogos.

Os datos considéranse confidenciais e non serán comunicados a terceiros en ningún caso, agás para o desenvolvemento dos Xogos, o cal inclúe ás entidades bancarias para o cobro de produto, e segundo corresponda, o pagamento de premios; ademais, no caso de premios superiores a 3.000 euros e por imperativo legal, comunicarase o feito á Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT).

Unicamente utilizaranse os datos agregados e totalmente disociados dos datos de carácter persoal para a xestión do xogo así como estatísticas e informes ou memorias relacionados co sector do xogo.

3.2. Comunicacións á súa medida

L.A.E. comprométese enviar as estritas comunicacións necesarias en relación coa súa participación nos Xogos, e a remitir informacións comerciais sobre os Xogos, ou informacións doutra natureza, unicamente a aqueles participantes que así o solicitaran expresamente no proceso de rexistro.

A aceptación da remisión de información comercial é totalmente voluntaria e non é condición obrigatoria para a participación nos Xogos.

Toda comunicación co usuario en relación coa participación nos Xogos producirase mediante correo electrónico ou mensaxe móbil, agás casos excepcionais en que puidera ser mediante outros condutos; nos ditos casos verificarase como primeira medida a identidade do receptor da mensaxe.

O usuario poderá darse de alta ou baixa en calquera momento e de forma gratuíta, a través da súa conta persoal na web, accedendo á páxina do ⿿Meu perfil⿝.

3.3. Tratamento de Datos de Carácter Persoal

Só será necesario achegar datos persoais para o caso de querer converterse en Participante. Polo tanto, esta canle web non recolle nin almacena datos persoais dos seus visitantes.

Non se solicitará ningún dato sen o seu coñecemento e autorización. L.A.E. non preve ningunha cesión de datos a terceiros. En calquera caso, L.A.E. nunca cederá os ditos datos a terceiros sen requirir ao Participante consentimento explícito previo. Porén, para a prestación do servizo é preciso comunicar os datos imprescindibles con entidades externas: entidades do sistema financeiro para cobros e pagamentos, e, por imperativo legal, a comunicación de premios superiores á AEAT.

L.A.E. trata os ditos datos seguindo a mellor praxis profesional e empregando os maiores estándares de xestión da seguridade da información, tanto no aseguramento da súa integridade coma da súa confidencialidade.

L.A.E. cumpre escrupulosamente coa lexislación vixente en España, e en particular no relativo ao tratamento de datos de carácter persoal dos Participantes: a recollida de datos persoaise o seu tratamento posterior suxeitanse ao establecido pola Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (en adiante LOPD) e a súa normativa complementaria (entre outras, Real Decreto 1720/2007, do 21 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro).

En concreto, e en cumprimento co deber de información previo ao tratamento, cada Participante é informado no momento da recollida dos seus datos de:

  • Que os datos que proporciona intégranse nun ficheiro de datos de carácter persoal, das finalidades da recollida dos datos e o seu tratamento posterior e os destinatarios destes. O Participante debe subministrar datos veraces, exactos, vixentes e auténticos, o que o Participante garante e responde, e comprométese a manter debidamente actualizados.
  • O carácter obrigatorio de subministrar os datos para poder participar por esta canle nos Xogos de L.A.E., e o carácter voluntario de recibir informacións comerciais e doutras naturezas. Se non desexa proporcionar datos persoais e que L.A.E. os trate, rogámoslle abstéñase de cubrir os formularios existentes na web e empregue outras canles que permiten unha relación anónima.
  • L.A.E. delegou en Sistemas Técnicos de Loterías del Estado S.A.E. (STL en adiante), unha empresa 100% pertencente a L.A.E., a xestión, operación e evolución desta web. Igualmente, STL exerce as funcións de ⿿encargado⿝ do tratamento dos datos persoais da web, figura que recolle a LOPD e que permite a L.A.E. cumprir coas obrigas dimanantes da dita lei.
  • Que poderá exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante chamada telefónica ao Centro de Atención ao Usuario ao número 902481818 -cando a natureza do exercicio o permita- ou dirixindo unha comunicación escrita a STL, Atención ao Usuario, Manuel Tovar, 9, 28034-Madrid, ou aquela que o substitúa no Rexistro Xeral de Protección de Datos. O exercicio destes dereitos é personalísimo, polo que unicamente o propio usuario poderá exercer os ditos dereitos respecto dos datos persoais dos que é lexítimo titular. Nota: L.A.E. informa que o exercicio dos citados dereitos por un terceiro non autorizado legalmente polo interesado, podería supor a comisión do delito; sen prexuízo doutras consecuencias ás que debera enfrontarse á consecuencia de calquera acción civil ou administrativa ás que tivera dereito tanto o interesado lexítimo titular dos datos persoais coma L.A.E..
  • L.A.E. é o responsable do ficheiro e o seu tratamento, sendo representada a estes efectos polo seu Director de Produción: R/Capitán Haya 53, 28020 Madrid. L.A.E. non será responsable dos tratamentos e posteriores utilizacións dos datos persoais que realicen outros terceiros, tales como entidades bancarias ou AEAT.

A recollida de datos de carácter persoal realízase cubrindo os formularios de alta para acceso e uso da canle web e os seus servizos e contactos para o envío de suxestións e/ou reclamacións.

Tamén poderán recollerse datos persoais a través do número 902 48 18 18.

L.A.E. descartará canta comunicación reciba que inclúa datos de carácter persoal facilitados por menores de idade non emancipados ou persoas que non contan con capacidade legal para obrar e que non conten co consentimento dos seus pais, titores ou representantes legais, xa que a lexislación vixente non permite solicitar ou tratar datos de carácter persoal sen o seu consentimento.

4. SEGURIDADE E SERVIZO.

L.A.E. pon á disposición do usuario esta nova canle, única oficial por Internet, coas mesmas garantías e funcionalidades que a súa operación tradicional nos puntos de venda.

Unha vez reciba confirmación da súa participación, que se emite de inmediato en liña cos sistemas centrais de xogo, saberá con certeza que as súas combinacións e pronósticos participan no sorteo ou concurso, coa garantía de L.A.E.

L.A.E. non pode garantir en ningún caso o bo fin de mandatos de participación que o público poida encargar a xestores autónomos.

L.A.E. custodia e procesa de forma segura, extremo a extremo, todos os datos persoais do usuario, os seus datos bancarios e da tarxeta de crédito, as súas transaccións de pagamentos e cobros de premios, asegurando os aspectos de integridade (que a información non se estropee), de confidencialidade (que só a coñeca quen deba coñecela) e de dispoñibilidade (que estea dispoñible cando se precisa).

Algúns aspectos de detalle:

  • Toda a información en tránsito desde o equipo do participante ata as instalacións técnicas internet de L.A.E. realízase de forma cifrada, seguindo o esquema habitual (apoiadas no seu navegador de internet, empregando o protocolo criptográfico “SSL”, que activa o “candado” do navegador) que se activa grazas ao empleo dun certificado de servidor emitido a favor de L.A.E. pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT).
  • O sistema de pagamento con tarxeta de crédito/débito empregado incorpora “Pagamento Seguro por Internet”, ou tamén coñecido como 3DSecure que garante que o pagamento coa tarxeta ao titular da mesma única e exclusivamente.
  • A aplicación web deseñouse para evitar deixar rastros da información transmitida no seu ordenador, de forma que poida acceder ao servizo desde calquera sitio, en principio, sen temor. Porén, o equipo pode estar configurado para gardar as páxinas visitadas, o histórico de visitas, os contrasinais facilitados, etc. Agás que sexa un experto, recomendámoslle que empregue o servizo unicamente desde equipos da súa confianza.
  • A aplicación web emprega un mecanismo de control de acceso que require que identifique unhas letras “difíciles”, a fin de preservar que ninguén poida suplantalo facilmente. Unha pequena incomodidade que contribúe de forma esencial a preservar os seus datos e o servizo.
  • A custodia de toda a información que se realiza nas instalacións de L.A.E. rexístrase e procesa protexida por equipos e comunicacións de alta dispoñibilidade, para que estea sempre ao seu servizo.
  • A atención ao usuario, desde o Centro de Atención ao Usuario, operado por persoas do grupo L.A.E. especializadas nos Xogos e seguindo procedementos estrictamente controlados e automatizados, asegura que a información presérvase nas condicións debidas.
  • Todo iso baseado nunha operativa profesional conforme cos máis modernos estándares de seguridade da información (ISO 27mil e WLA-SCS:2006), procesado de datos de tarxetas de crédito (PCI-DSS) e de xestión da calidade (ISO 9000).

Porén o anterior, L.A.E. lembra aos usuarios de Internet que Internet non sempre é todo o segura que sería de esperar ou que aparentemente parece.

Se ben L.A.E. non pode evitar que o usuario poida sufrir algún tipo de incidente no seu uso de Internet, L.A.E. toma as máximas precaucións nas súas operacións e sistemas para evitar, no posible, disfuncións. De feito, a concepción do sistema garante que os premios son percibidos unicamente polos usuarios a quen lles corresponde o premio.

Porén, L.A.E. nada pode facer para preservar a confidencialidade dos datos dun determinado Participante ou outros elementos se o dito Participante non coida a confidencialidade do seu nome de usuario e contrasinal. Dada a existencia de riscos en Internet, L.A.E. recomenda ao usuario que tome as axeitadas medidas de autoprotección, fundamentalmente de carácter técnico e de comportamento, fronte aos riscos de suplantación da personalidade ou violación da comunicación. A modo de exemplos:

  • No que respecta ao seu equipo e na medida en que lle resulte necesario, recoméndase que utilice as últimas versións dos programas informáticos dada a incorporación nestes de maiores medidas de seguridade para protexer a confidencialidade e integridade dos seus datos, e que revise axeitadamente as opcións de configuración, por exemplo para evitar que o seu navegador facilite involuntariamente o seu nome de usuario, contrasinal ou enderezo de correo nos servidores web aos que accede e que o solicitan.
  • No que respecta ao seu comportamento, rógase que acceda á web de L.A.E. escribindo o enderezo web personalmente e non usar hiperenlaces ou favoritos non de fiar, para evitar determinados engaños, e que nunca facilite por correo electrónico ou por teléfono os seus datos de acceso ou persoais, e asegúrese que chama por teléfono ao número do Centro de Atención ao Participante.

Para a mellor experiencia no uso desta canle de relación, recoméndase ao Participante o emprego dos seguintes medios técnicos:

  • Navegador: Internet Explorer 6 ou superior, Mozilla 2.0.0.10 ou superior.
  • Resolución de pantalla recomendada: 1.024x768
  • Para ver algúns dos contidos, será necesario o plugin Adobe Flash
  • Para consultar algúns dos documentos será necesario ter instalado o plugin Adobe Reader.
  • Debe ter activadas no seu navegador as opcións de Java e javascript.
  • Debe ter habilitadas as cookies no seu navegador.

Non existen requisitos nin restricións respecto ao ordenador ou sistema operativos empregados.

5. CONDICIÓNS DE USO.

Os termos e condicións que máis adiante se indican regulan o acceso e uso do Portal.

Dentro da expresión "Portal" compréndense -con carácter delimitativo pero non limitativo- os textos, gráficos, imaxes, animacións, creacións musicais, vídeos, sons, debuxos, fotografías, aplicacións informáticas, bases de datos, código html e outras obras incluídas neste, e, en xeral, todas as creacións expresadas por calquera medio ou soporte, tanxible ou intanxible, actualmente coñecido ou que se xere no futuro, con independencia de que sexan susceptibles ou non de propiedade intelectual de acordo ao Texto Refundido da Lei de Propiedade Intelectual ou norma que nun futuro a sucedese.

O Portal está orientado aos cidadáns españois e residentes no territorio nacional maiores de idade (ou menores emancipados); non se autoriza a alta de persoas en outras situacións. L.A.E. roga encarecidamente aos menores de idade non emancipados que non soliciten a alta no servizo.

Adquírese a condición de usuario mediante o proceso de rexistro definido no portal. O usuario deberá identificarse para garantir a seguridade do proceso e sobre todo o pagamento de premios á persoa que os obteña. O acceso como visitante ao Portal non requirirá o rexistro de datos persoais excepto o e-mail para aqueles casos nos que desexe o envío periódico de información.

O usuario é consciente de que o acceso e utilización dos servizos e contidos do Portal realízase baixo a súa única e exclusiva responsabilidade.

As presentes condicións de uso son aceptadas expresa e plenamente polo usuario polo simple feito de acceder ao Portal e/ou a visualización dos contidos ou utilización dos servizos contidos no Portal. No caso de que o Participante non acepte estas condicións xerais ou, no seu caso, as Condicións Particulares que regulen o uso dun determinado servizo e/ou contido, o usuario deberá absterse de acceder ao Portal así como no seu caso ao dito servizo e/ou contido.

Con carácter xeral, os servizos e contidos ofrecidos a través do Portal figurarán tanto en castelá coma nos idiomas autonómicos vasco, catalán, valenciano e galego. No caso de contradición entre as condicións de uso da web e resto de textos legais, prevalecerá a versión en castelán.

O custo do acceso telefónico ou outro tipo de gasto pola conexión ao acceso ao Portal correrá a cargo exclusivamente do usuario.

O Participante deberá establecer as medidas de seguridade de carácter técnico axeitadas para evitar accións non desexadas no seu sistema de información, arquivos e equipos informáticos empregados para acceder a Internet e, en especial, ao Portal.

O saldo máximo da Lotobolsa será de 200 euros(Resolución do 18 de xuño de 2008).

5.1. Dereitos e obrigas do usuario

O participante poderá:

  • Acceder de forma gratuíta e sen necesidade de autorización previa aos contidos e servizos do Portal dispoñibles como tales, sen prexuízo das condicións técnicas, particulares ou a necesidade do previo rexistro respecto de servizos e contidos específicos, segundo se determine nestas condicións.
  • Utilizar os servizos e contidos dispoñibles para o seu uso exclusivamente particular, sen prexuízo do disposto nas condicións particulares que regulen o uso dun determinado servizo e/ou contido.
  • Facer un uso correcto e lícito do sitio, de conformidade coa lexislación vixente, a moral, os bos costumes e a orde pública.

En ningún caso o usuario poderá:

  • Acceder ou utilizar os servizos e contidos do sitio con fins ilícitos, lesivos de dereitos e liberdades de terceiros, ou que poidan prexudicar, danar ou impedir por calquera forma, o acceso a eles, en prexuízo da L.A.E. ou de terceiros.
  • Utilizar os servizos, total ou parcialmente, para promocionar, vender, contratar, divulgar publicidade ou información propia ou de terceiras persoas sen autorización previa de L.A.E..
  • Incluír hipervínculos nas súas páxinas web particulares ou comerciais a este Portal incumprindo as condicións previstas para iso.
  • Utilizar os servizos e contidos ofrecidos a través do Portal de forma contraria ás condicións que regulen o uso dun determinado servizo e/ou contido, e en prexuízo ou con menoscabo dos dereitos do resto de participantes.
  • Realizar calquera acción que impida ou dificulte o acceso ao sitio polos participantes, así como dos hipervínculos aos servizos e contidos ofrecidos por L.A.E. ou por terceiros a través do Portal.
  • Utilizar o Portal como vía de acceso a Internet para a comisión de accións ilícitas ou contrarias á lexislación vixente, a moral, os bos costumes e a orde pública.
  • Empregar calquera tipo de virus informático, código, software, programa informático, equipo informático ou de telecomunicacións, que poidan provocar danos ou alteracións non autorizadas dos contidos, programas ou sistemas accesibles a través dos servizos e contidos prestados no Portal ou nos sistemas de información, arquivos e equipos informáticos dos usuarios destes; ou o acceso non autorizado a calquera contido e/ou servizo do Portal.
  • Eliminar ou modificar de calquera maneira os dispositivos de protección ou identificación de L.A.E., ou os seus lexítimos titulares que poidan conter os contidos aloxados no Portal, ou os símbolos que L.A.E. ou os terceiros lexítimos titulares dos dereitos incorporen ás súas creacións obxecto de propiedade intelectual ou industrial existentes neste Portal.
  • Incluír en sitios web da súa responsabilidade ou propiedade "metatags" correspondentes a marcas, nomes comerciais ou signos distintivos propiedade de L.A.E. ou de terceiros.
  • Reproducir total ou parcialmente o Portal noutro sitio ou páxina web e sen cumprir as condicións previstas para iso.
  • Realizar enmarcados ao Portal ou ás páxinas web accesibles a través deste que oculten ou modifiquen -con carácter delimitativo pero non limitativo- contidos, espazos publicitarios e marcas de L.A.E. ou de terceiros, con independencia ou non de que supoñan actos de competencia desleal ou de confusión.
  • Crear marcos dentro dun sitio web da súa responsabilidade ou propiedade que reproduzan a páxina principal e/ou as páxinas accesibles a través desta, correspondentes ao Portal sen a previa autorización de L.A.E..

5.2. Dereitos de L.A.E..

L.A.E., resérvase os seguintes dereitos:

  • Modificar as condicións de acceso ao Portal, técnicas ou non, de forma unilateral e sen preaviso aos participantes, sen prexuízo do disposto nas condicións particulares que regulen o uso dun determinado servizo e/ou contido do Portal.
  • Establecer condicións particulares e, no seu caso, a esixencia dun prezo ou outros requisitos para o acceso a determinados servizos e/ou contidos.
  • Limitar, excluír ou condicionar o acceso dos usuarios cando non se dean todas as garantías de utilización correcta do Portal por estes conforme ás obrigas e prohibicións asumidas por eles.
  • Establecer limitacións ás contías e número das apostas, cargas de lotobolsa, descargas de lotobolsa por cada participante.
  • Finalizar a prestación dun servizo ou subministro dun contido, sen dereito a indemnización, cando este resulte ilícito ou contrario ás condicións establecidas para eles, sen prexuízo do disposto nas condicións particulares que regulen o uso dun determinado servizo e/ou contido do Portal.
  • Modificar unilateralmente e sen previo aviso, sempre que o considere oportuno, a estrutura e deseño do Portal, así como actualizar, modificar ou suprimir todo ou parte dos contidos ou servizos e condicións de acceso e/ou uso do Portal, podendo incluso limitar ou non permitir o acceso á dita información.
  • Denegar en calquera momento e sen necesidade de aviso previo o acceso ao Portal a aqueles participantes que incumpran estas condicións de uso.
  • Emprender calquera acción legal ou xudicial que resulte conveniente para a protección dos dereitos de L.A.E. así como de terceiros que presten os seus servizos ou contidos a través do Portal, sempre que resulte procedente.
  • Esixir a indemnización que puidera derivar polo uso indebido ou ilícito de todo ou parte dos servizos e contidos prestados a través do Portal.

5.3. Exención e limitación de responsabilidade de L.A.E.

L.A.E. queda exenta de calquera tipo de responsabilidade por danos e prexuízos de toda natureza nos seguintes casos:

  • Pola imposibilidade ou dificultade de conexión á rede de comunicacións a través da que resulta accesible este Portal, independentemente da clase de conexión utilizada polo usuario.
  • Pola interrupción, suspensión ou cancelación do acceso ao Portal, así como por dispoñibilidade e continuidade do funcionamento do Portal ou dos servizos e/ou contidos neste, cando iso se deba a unha causa allea ao ámbito de control de L.A.E. e/ou STL e proveña directa ou indirectamente desta.
  • L.A.E., non asume ningunha responsabilidade respecto dos servizos e contidos, nin pola dispoñibilidade e condicións, técnicas ou non, de acceso a estes, que sexan ofrecidos por terceiros prestadores de servizos, en especial respecto dos prestadores de servizos da sociedade da información.
  • L.A.E., en ningún momento, asume responsabilidade polos danos ou prexuízos que puideran causar a información, contidos, produtos e servizos -con carácter delimitativo pero non limitativo- prestados, comunicados, aloxados, transmitidos, exhibidos ou ofertados por terceiros alleos a L.A.E. -incluídos os prestadores de servizos a sociedade da información- a través dun Portal ao que poida accederse mediante un enlace existente neste Portal.
  • Do tratamento e utilización posterior de datos persoais realizados por terceiros alleos a L.A.E., así como a pertinencia da información solicitada por estes.
  • Da calidade e velocidade de acceso ao Portal e das condicións técnicas que debe reunir o usuario co fin de poder acceder ao Portal e aos seus servizos e/ou contidos.
  • L.A.E. non será responsable dos retrasos ou fallos que se produciran no acceso e/ou funcionamento dos servizos e/ou contidos do Portal, debido a un caso de Forza Maior.
  • O participante responderá persoalmente dos danos e prexuízos de calquera natureza causados a L.A.E., directa ou indirectamente, polo incumprimento de calquera das obrigas derivadas destas condicións xerais ou outras normas polas que se rixa a utilización do Portal.

5.4. Google Analytics

Esta páxina web utiliza Google Analytics, un servizo analítico de web prestado por Google, Inc., unha compañía de Delaware na que a súa oficina principal está en 1600 Amphitheatre Parkway, Mountain View (California), CA 94043, Estados Unidos (“Google”). Google Analytics utiliza “cookies”, que son arquivos de texto situados no seu ordenador, para axudar ao website a analizar o uso que fan os usuarios do sitio web. A información que xera a cookie sobre o seu uso do website (incluíndo o seu enderezo IP) será directamente transmitida e arquivada por Google nos servidores de Estados Unidos. Google usará esta información pola conta nosa co propósito de seguir a pista do seu uso do website, recopilando informes da actividade do website e prestando outros servizos relacionados coa actividade do website e o uso de Internet. Google poderá transmitir a dita información a terceiros cando así llo requira a lexislación, ou cando os ditos terceiros procesen a información por conta de Google. Google non asociará o seu enderezo IP con ningún outro dato do que dispoña Google. Pode Vostede rexeitar o tratamento dos datos ou a información rexeitando o uso de cookies mediante a selección da configuración apropiada do seu navegador, nembargantes, debe Vostede saber que se o fai pode ser que non poida usar a plena funcionabilidade deste website. Ao utilizar este website Vsotede consente o tratamento de información sobre Vostede por Google na forma e para os fins arriba indicados

5.5. Propiedade intelectual e industrial

O usuario coñece que os contidos e servizos ofrecidos a través do Portal -incluíndo textos, gráficos, imaxes, animacións, creacións musicais, vídeos, sons, debuxos, fotografías, todos os comentarios, exposicións, aplicacións informáticas, bases de datos e código html deste, sen que esta enumeración teña carácter limitativo- atópanse protexidos polas leis de propiedade intelectual. O dereito de autor e de explotación económica deste Portal corresponde a STL. En canto aos contidos incluídos no Portal os dereitos de autor e de explotación económica son propiedade de L.A.E. ou no seu caso, de terceiras entidades, e en ambos os dous casos atópanse protexidos polas leis vixentes de propiedade intelectual.

As marcas, nomes comerciais ou signos distintivos que aparecen no Portal son propiedade de L.A.E. e/ou STL, e atópanse protexidos polas leis vixentes de propiedade industrial.

A prestación dos servizos e publicación dos contidos a través do Portal non implicará en ningún caso a cesión, renuncia ou transmisión, total ou parcial, da titularidade dos correspondentes dereitos de propiedade intelectual e industrial.

Ningunha parte deste Portal pode ser reproducido, distribuído, transmitido, copiado, comunicado publicamente, transformado, en todo ou en parte mediante ningún sistema ou método manual, electrónico ou mecánico (incluíndo o fotocopiado, gravación ou calquera sistema de recuperación e almacenamento de información) a través de calquera soporte actualmente coñecido ou que se invente no futuro, sen consentimento de L.A.E. e/ou STL. A utilización, baixo calquera modalidade, de todo ou parte do contido do Portal queda suxeita á necesidade de solicitar autorización previa de L.A.E. e/ou STL, e a aceptación da correspondente licenza, no seu caso, excepto para o disposto respecto dos dereitos recoñecidos e concedidos ao usuario nestas condicións xerais ou o que así se determine nas condicións particulares que L.A.E. e/ou STL teña a ben establecer para regular o uso dun determinado servizo e/ou contido ofrecido a través do Portal. Baixo ningún concepto, o usuario poderá realizar un uso ou utilización dos servizos e contidos existentes na páxina que non sexa exclusivamente persoal, a salvo das excepcións determinadas nas presentes condicións de uso deste Portal ou nas condicións particulares que L.A.E. e/ou STL teña a ben establecer para regular o uso dun determinado servizo e/ou contido ofrecido a través do Portal.

Se a actuación ou omisión culpable ou neglixente directa ou indirectamente imputable ao Participante do Portal que orixine a infracción dos dereitos de propiedade intelectual e industrial de L.A.E. ou de terceiros -exista ou non beneficio para este- orixínase a L.A.E. danos, perdas, obrigas solidarias, gastos de calquera natureza, sancións, medidas coercitivas, multas e outras cantidades xurdidas ou derivadas de calquera reclamación, demanda, acción, pleito ou procedemento, sexa civil, penal ou administrativo, L.A.E. terá dereito a dirixirse contra o usuario por todos os medios legais ao seu alcance e reclamar calquera cantidade indemnizatoria, incluíndo -a título enunciativo e non limitativo- danos morais e imaxe, dano emerxente e lucro cesante, custos publicitarios ou de calquera outra índole que puideran resultar para a súa reparación, importes de sancións ou sentencias condenatorias, o dos xuros de demora, o custo do financiamento de ambas as dúas cantidades que puidera resultar para a parte contraria, as costas xudiciais e o importe da defensa en calquera proceso no que puidera resultar demandada polas causas anteriormente expostas, polos danos e prexuízos ocasionados por razón da súa actuación ou omisión, sen prexuízo de exercer calquera outra acción que en Dereito lle corresponda.

5.6. Hiperenlaces

As persoas ou entidades que pretendan realizar ou realicen un hiperenlace desde unha páxina web doutro portal de Internet a calquera das páxinas do Portal de L.A.E. deberán someterse ás seguintes condicións:

  • Non se permite a reprodución nin total nin parcial de ningún dos servizos nin contidos do Portal.
  • Non se establecerán deep-links, nin enlaces IMG ou de imaxe, nin frames coas páxinas do Portal sen a previa autorización expresa de L.A.E..
  • Non se incluirá ningunha manifestación falsa, inexacta ou incorrecta sobre as páxinas do Portal nin sobre os servizos ou contidos deste.
  • Agás aqueles signos que formen parte do "hiperenlace", a páxina web na que se estableza non conterá ningunha marca, nome comercial, rótulo de establecemento, denominación, logotipo, eslogan ou outros signos distintivos pertencentes a L.A.E., agás autorización expresa desta.
  • O establecemento do "hiperenlace" non implicará a existencia de ningún tipo de relación entre L.A.E. e o titular da páxina web ou do portal desde o cal se realice.
  • L.A.E. non será responsable dos contidos ou servizos postos á disposición do público na páxina web ou portal desde o cal se realice o "hiperenlace" nin das informacións e manifestacións incluídas nestas.
  • Calquera "hiperenlace" ao Portal de L.A.E. efectuarase á súa páxina principal ou páxinas principais das seccións que contén.

5.7. Enlaces

L.A.E. rexeita calquera responsabilidade sobre a información contida en páxinas web de terceiros conectadas por enlaces co Portal de L.A.E. ou que non sexan xestionadas directamente polo noso administrador do Portal.

A función dos enlaces que aparecen neste Portal ten só finalidade informativa e en ningún caso supoñen unha suxestión, invitación ou recomendación para a visita dos lugares de destino.

Cando para utilizar algúns dos servizos do Portal, os participantes deban proporcionar previamente a L.A.E. certos datos de carácter persoal, L.A.E. tratará tales datos coas finalidades, así como baixo as condicións definidas, na súa Política de Privacidade.

5.8. Duración e terminación

A prestación do servizo do Portal e dos demais servizos ten, en principio, unha duración indefinida. L.A.E., porén, está autorizada para dar por terminada ou suspender a prestación do servizo do Portal e/ou de calquera dos servizos en calquera momento, sen prexuízo do que se dispuxese ao respecto nas correspondentes Condicións Particulares. Cando iso sexa razonablemente posible, L.A.E. advirtirá previamente a terminación ou suspensión da prestación do servizo de Portal e dos demais servizos.

5.9. Nulidade e anulabilidade

No suposto de que calquera cláusula destas condicións xerais ou, no seu caso, condicións particulares que regulen o uso dun determinado servizo e/ou contido resulte anulable ou nula, na súa totalidade ou en parte, esta nulidade ou anulabilidade non afectará á validez doutras cláusulas destas, as cales permanecerán con plena eficacia e validez, agás que a parte que alegue a súa nulidade ou anulabilidade probe que sen a cláusula que resultase nula ou anulable non puiderán cumprirse os fins perseguidos polas presentes Condicións.

5.10. Lexislación aplicable e xurisdición

As presentes condicións xerais rexiranse pola lexislación española. As partes, con expresa renuncia ao seu propio foro, sométense para a resolución de cantos litixios puideran derivarse aos Xulgados e Tribunais de Madrid Capital.

DOCUMENTOS QUE SE ACOMPAÑAN




©2011 STL, Loterías y Apuestas del Estado Versión para móviles|Versión web web segurabsi_wlabsi_anabGestión responsable del juego