A misión de Loterías y Apuestas del Estado é pór á disposición dos cidadáns xogos e apostas de titularidade pública no ámbito nacional e internacional, co máis alto grao de integridade, rigor, seguridade e transparencia nun marco de xogo moderado e responsable, mediante unha xestión orientada á satisfacción dos principais grupos de interese (Participantes, Poder Público Regulador, Empregados, Puntos de Venda,…), revertendo os beneficios á Sociedade a través dos Orzamentos Xerais do Estado e doutras vías alternativas de interese xeral ou social.
Loterías y Apuestas del Estado como operadora dos xogos de titularidade pública ten como obxectivo continuar sendo recoñecida como líder no mercado nacional e internacional a través dunha xestión profesional, eficaz e eficiente, optimizando os resultados e a seguridade dos Participantes, mediante a constante adaptación ao seu contorno e mercados, a innovación en tecnoloxía, en canles de comercialización e en produtos a fin de garantir a excelencia empresarial e manter o seu compromiso social.
A responsabilidade, a transparencia, a integridade e seguridade, o rigor, o compromiso e a orientación ao Participante son os valores fundamentais de LAE, que identifican toda a súa actividade e que LAE ofrece e demanda a todos os seus grupos de interese.
En concreto: