As quinielas reducidas permiten optimizar a relación probabilidade-prezo cando se empregan prognósticos múltiples nun ou varios partidos. Ofrecémoslles aquí un pequeno manual para a súa comprensión e emprego.
Como funcionan, en xeral as apostas múltiples?
Se nunha Quiniela lle asignamos un valor múltiple a un partido, estamos xogando múltiples apostas. Imaxinemos, para entendelo unha quiniela con só 3 partidos na que lle asignamos un valor múltiple a un deses partidos, neste caso un dobre 1-X:
Esta quiniela, en realidade, son dúas apostas simples distintas:
Na que cada bloque se corresponde cunha aposta simple. Se puxéramos un triplo, é dicir, un 1, unha X e un 2 no partido 3, teríamos xogado 3 apostas e teríamos 3 bloques. O resultado sería o seguinte:
Imaxinemos que a nosa aposta foi cun triplo no partido 3 e que o resultado final de todos os partidos foi un 1:
Como funcionan os prognósticos múltiples na modalidade reducida?
Vexamos agora como funciona unha das reducidas autorizadas, a reducida primeira. A reducida primeira é un prognóstico múltiple no que incorporamos 4 triplos. Estes 4 triplos desenvolvidos dan lugar a 81 apostas simples. A redución consiste en que se seleccionan metodicamente e xóganse 9 das 81 apostas totais.
Nun prognóstico múltiple, se marcamos 4 triplos, estaremos a xogar 3x3x3x3 = 81 apostas. O custo de dita quiniela sería igual a 81 x 0,5€ = 40,5€.
Non entanto, se marcamos eses 4 triplos pero lle dicimos ao sistema que queremos xogalos na modalidade reducida, só xogaremos 9 das 81 apostas posibles. O custo de dita quiniela será de 9 x 0,5€ = 4,5€.
Agora ben:
Por que só 9 das 81? O sistema selecciona aquelas 9 que garanten o máximo número de acertos posibles. No suposto de que todos os partidos coincidan co noso prognóstico, as 9 apostas seleccionadas garanten:
Cales son esas 9 apostas? O desenvolvemento das apostas da redución primeira é o seguinte:
Isto significa que hai 72 apostas ou combinacións posibles que NON xogamos. Por exemplo, non xogamos a combinación cun 2 nos catro partidos e, polo tanto, se o resultado final dos partidos fose en todos un 2, non teríamos dado cos 4 acertos. Non entanto, o bloque 3 teríanos permitido acertar 3.
Entón, cal é a vantaxe? Non é unha cuestión de vantaxe ou desvantaxe, senón de probabilidade matemática. 4 triplos son 81 apostas e custan 40,5 Euros. Se se xogan en modo múltiple directo, sen reducir, e se obteñen 14 acertos, tense o 100% de probabilidade de ter xogado a aposta que contén a combinación gañadora. Xogouse o 100% das apostas e pagáronse todas elas. Non entanto, co método reducido, escóllense 9 das 81 apostas, que son as que garanten o maior número de combinacións gañadoras de 14 e 13 sempre que se teñan acertado todos os resultados, e a un custo moito menor. No caso dos 4 triplos reducidos, o prezo é de 4,5 no canto de 40,5€. Polo tanto, para 14 acertos, só existe o 11,11% de que unha das 9 apostas conteña os 14, pero un 100% de que conteña 13 deles.
Por que estas apostas e non outras? As reducións autorizadas e os grupos de prognósticos válidos están regulados na Resolución do 6 de xullo de 2009, de Loterías y Apuestas del Estado, pola que se aproban as normas que han rexer os concursos de prognósticos da Apuesta Deportiva a partir da primeira xornada da tempada 2009-2010. Esta normativa publicouse o 23 de xullo de 2009 e pode atoparse integramente aquí.
Cantos tipos de reducións existen? Na devandita normativa pódense ver os 6 tipos de reducións autorizadas e o desenvolvemento completo das apostas que se xogan en cada unha delas. Éche aquí un pequeno resumo:
En calquera caso, a interface do xogo de La Quiniela en loteriasyapuestas.es indicaralle as reducións dispoñibles e axudarao no proceso de enchido do boleto.
Que probabilidades de acerto é que me permite cada unha das reducidas oficiais?
Segundo esta táboa, na reducida primeira temos un 11,11% de ter unha aposta de 14 acertos sempre que todos os resultados coincidan co prognóstico. Se isto acontece, ademais teremos 0 de 13, 0 de 12, 8 de 11 e 0 de 10. Non entanto, se non temos unha de 14, teremos un 100% de posibilidades de acertar 1 de 13, 3 de 12, 3 de 11 e 2 de 10.
Como se xoga, onde hai que seleccionar esta modalidade?
A columna COMBINACIÓNS é automática e reflicte os dobres e triplos marcados. Á dereita menciónanse as reducións autorizadas. Na columna “PART. EN SISTEMA” cómpre marcar cales dos 14 partidos van se xogar de xeito reducido. É dicir, de todos os partidos para os que se fixo un prognóstico múltiple, indicaremos cales se incorporan ao sistema de redución. Por exemplo: imaxinemos que poñemos un triplo no Portugal-Malta, no Estonia-Bélxica, no Turquía-Armenia e no Francia-Austria. Marcaríamos os recadros de selección 2, 7, 8 e 11 porque este é o lugar que ocupan ditos partidos no programa da xornada.
Podo xogar mesturados partidos con prognóstico reducido e outras combinacións múltiples sen reducir? En efecto. As únicas reducións autorizadas son as que podes atopar na resolución que mencionamos anteriormente. Non entanto, imaxina que queremos xogar a redución primeira con 4 triplos e, ademais, queremos engadir un dobre máis no reducido. Neste caso:
Non marcaremos este dobre ou triplo que engadimos como un dos partidos a reducir na columna de “PART. EN SISTEMA”.
Os quinielistas usan moito este método? Aproximadamente un 20% das apostas que se realizan cada semana fanse baixo esta modalidade, o que significa que é unha utilidade amplamente difundida.