Tu navegador no soporta Javascript

O décimo de Lotería

Desde 1960, a Lotería Nacional ilustra os seus billetes con temas monográficos variados que ofrecen aos afeccionados a posibilidade de coñecer as máis diversas materias artísticas, científicas, literarias, etc., convertendo así o décimo nun excelente vehículo cultural, ademais de constituír un magnífico entretemento a través do coleccionismo.

En 1992 celebráronse os actos conmemorativos do V Centenario do Descubrimento de América; Lotería Nacional, consciente da magnitude do evento, non quixo permanecer á marxe e, como achega á tarefa común deu a coñecer a elaboración e realización daquela xesta mediante as ilustracións impresas nos seus billetes.

A temática relacionada co descubrimento de América iniciouse en 1983, sendo a ”Xénese do Descubrimento” o título que deu comezo á serie.

En 1984 e 1985, as ilustracións dos décimos versaron sobre “As culturas precolombianas”; en 1986 o tema constituíuno “O proxecto de Colón”, e en 1987 co título de “Iberoamérica: desde o Descubrimento ata a Independencia”, púxose fin a esta serie de temas dedicados ao Descubrimento de América, que se desenvolveu ao longo de 5 anos.

No ano 1988 no que se cumpría o II Centenario de Carlos III, monarca baixo cuxo mandato nacía en 1763 a Lotería no noso país, e sumándose aos actos que se levaron a cabo para conmemorar este acontecemento plasmáronse en fermosas viñetas a toda cor os diversos personaxes e feitos relacionados co mandato deste popular rei, reunido baixo o título de “Carlos III e a Ilustración”.

No ano 1989 iniciouse un novo e interesante tema de marcado acento cultural, titulado “Belezas de España” onde quedou reflectida semana tras semana unha pequena mostra dos fermosos monumentos, paisaxes pintorescas e lugares típicos do noso país, que concluíu o ano 1990.

O tema monográfico con que Lotaría Nacional ilustra os seus décimos durante o bienio 1991-1992, “Arquitectura popular española”, entróncase co titulado “Belezas de España”.

Durante o ano 1993 o tema foi “Pintura e escultura española”, durante 1994 “Castelos de España”, o ano 1995 as ilustracións dos décimos estiveron dedicadas á "Arte romana en España”. Nos anos 1996, 1997 e 1998 as ilustracións corresponden ao tema “Arte nas catedrais españolas”.

No ano 1999 o tema monográfico dedicouse a “Natureza e flora” típicas do medio xeográfico do noso país, así como á "Enxeñaría española”.

Durante os anos 2000 e 2001, as ilustracións dos décimos estiveron dedicadas á "Artesanía española” ofrecendo unha inmellorable mostra de produtos de todos os recunchos do territorio.

O ano 2002 o tema dos décimos foi “Deportes”.

As ilustracións dos anos 2003 e 2004, non desenvolveron un tema xeral concreto, téndose dedicado a aniversarios e efemérides de diversas asociacións e institucións.

No ano 2005 a Lotería Nacional retoma a tradición de ilustrar os seus billetes con temas monográficos, cunha magnífica colección de reloxos de época conservados en distintos palacios, propiedade de Patrimonio Nacional, sen prexuízo de contribuír, nalgúns casos, á difusión de determinados eventos e conmemoracións varias.

No ano 2006, 2007 e 2008 as ilustracións dos billetes de Lotería Nacional están dedicadas ao tema monográfico "FAROS DE ESPAÑA", sen prexuízo de difundir algúns eventos e conmemoracións de interese xeral.

Os temas dos billetes de Lotería Nacional desde o ano 1960 foron os seguintes:

    1960.- A muller na pintura española
    1961 -. Artes e oficios populares
    1962 -. Monumentos españois
    1963 -. O xogo (Lotería, xogos infantís, etc.)
    1964.- O firmamento
    1965.- Rutas españolas
    1966.- Festas populares
    1967.- A escultura en España
    1968.- Deportes
    1969.- Refraneiro popular
    1970.- O mar
    1971.- Tauromaquia
    1972.- O neno na arte española
    1973.- España medra
    1974.- O libro español
    1975.- Filatelia
    1976.- Os medios de comunicación social
    1977.- As provincias en España
    1978.- Os recursos naturais
    1979.- Transportes terrestres
    1980.- Panorama histórico do xornalismo español
    1981.- Teatro español
    1982.- Mundial 82
    1983.- A xénese do Descubrimento
    1984.- Cultura precolombiana. Primeira Parte
    1985.- Cultura precolombiana. Segunda Parte
    1986.- O proxecto de Colón
    1987.- Iberoamérica: Desde o Descubrimento ata a Independencia
    1988.- Carlos III e a Ilustración
    1989.- Belezas de España
    1990.- Belezas de España
    1991.- Arquitectura popular española
    1992.- Arquitectura popular española
    1993.- Pintura e escultura española
    1994.- Castelos de España
    1995.- Arte romana en España
    1996.- Arte nas catedrais españolas
    1997.- Arte nas catedrais españolas
    1998.- Arte nas catedrais españolas
    1999.- Natureza e flora, Enxeñaría española
    2000.- Artesanía española
    2001.- Artesanía española
    2002.- Deportes
    2003.- Difusion de conmemoracións varias
    2004.- Difusion de conmemoracións varias
    2005.- Reloxos
    2006.- Faros de España
    2007.- Faros de España
    2008.- Faros de España
    2009.- Faros de España
    2010.- Paradores de España
    2011.- Filatelia




©2011 STL, Loterías y Apuestas del Estado Versión para móviles|Versión web web segurabsi_wlabsi_anabGestión responsable del juego