Tu navegador no soporta Javascript

Histórico

A Lotería Nacional forma parte da historia do noso país, da túa historia. A Lotería cumpre 200 anos en 2012, dous séculos cumprindo miles de soños, facendo realidade millóns de ilusións.

Cada semana esperas a que o teu número favorito che déa un pouco de sorte. E, moi especialmente, se a devandita fortuna chega co sorteo de Nadal, único no mundo, o rei dos sorteos no noso país. Un sorteo que te traslada á túa nenez, cando desexabas que os soños se fixesen realidade; que che lembra aos teus amigos, á túa familia, con quen compartes eses números cada ano; e, por último, un momento que non poderás esquecer: a celestial forma de cantar os números dos nenos de San Ildefonso.

Lotería Nacional, o máis tradicional dos nosos xogos, resiste o paso do tempo sen perder un ápice da súa fortuna e a súa maxia. Os tempos cambian, as tecnoloxías avanzan, pero a confianza na Lotería Nacional permanece. Porque é a Lotería Nacional, a túa, a de sempre, a que te acompañará agora e no futuro.




©2013 Sociedad Estatal Loterías y Apuestas del Estado Versión móbil | Versión web Juego seguro Visa Master Card Traspaso Bancario Primera regla del juego: + 18 años Autoexclusión Responsabilidad Social Corporativa Web segura bsi_wla bsi_anab