A LoterÃa e a invasión napoleónica
Ao inicio da Guerra da Independenza coexistieron na PenÃnsula dúas LoterÃas: a de José Napoleón, que operaba desde Madrid, e a do Goberno de Cádiz.. O bando antinapoleónico celebrou en 1809 o seu primeiro sorteo en Sevilla. A partir do ano seguinte e ata o final da guerra, os sorteos celebráronse en Cádiz, agás algunhas excepcións.
En 1808 celebráronse en Valencia, despois trasladáronse a Madrid a causa da guerra, e en 1810 volveron á capital do Turia. A Xunta Superior de Defensa do Reino resolveu que dos beneficios obtidos con cada sorteo tomarÃanse 3.000 reais de vellón para conceder varios dotes ás doncelas pobres, orfas de pais que morreran no fronte. Tras a toma desta cidade en 1812, o mariscal francés Suchet dispuxo que se retomasen os sorteos da LoterÃa conforme ás antigas leis, e o novo Goberno comprometeuse a garantir tanto os sorteos coma os pagamentos.
O 23 de abril de 1812 os franceses celebraron en Valencia o seu primeiro sorteo nesta cidade. Tivo lugar na Casa da Audiencia, onde continuaron efectuándose ata o 1 de xullo de 1813. Catro dÃas despois desta data, Suchet e as súas tropas tiveron que retirarse a Francia. Libre o paÃs das tropas napoleónicas, os Sorteos regresaron a Madrid e nos meses posteriores foi estendéndose a venda da LoterÃa Nacional a toda a penÃnsula. As dúas LoterÃas, Primitiva e Nacional, conviviron ata 1862.
A LoterÃa e a Guerra Civil
Máis dun século despois, en 1935, as vendas de loterÃa supoñÃan un 1,1% do Produto Interior Bruto español, o que equivalÃa a un 3% dos ingresos totais do Estado, unha cantidade nada despreciable. Por iso, ao igual ca ocorreu durante a Guerra de Independenza no século XIX, cada sector explotou a súa propia loterÃa.
A LoterÃa Nacional, ao iniciarse a guerra española de 1936-1939, sufriu as consecuencias do conflito bélico. Adaptouse ás mesmas, e segundo se Ãa desenvolvendo a contenda, celebrou os seus sorteos en diversas capitais: Madrid, Valencia e Barcelona, dentro da zona republicana, e Sevilla e Burgos daquela denominada polos seus partidarios â¿¿zona nacionalâ¿.
A Facenda, tamén desgarrada en dúas, improvisou instrumentos mecánicos para que os sorteos seguiran en marcha, repartindo sorte nos dous sectores combatintes durante os anos desafortunados que durou o conflito.
O curioso é que as dúas se chamaban da mesma forma: â¿¿LoterÃa Nacionalâ¿. O porqué do nome debÃase a varias razóns:
A LoterÃa republicana
Os avatares da LoterÃa Nacional republicana reflicten fielmente o empeño e os esforzos do goberno para evitar, ou polo menos atrasar, o que ao final resultou inevitable. Ao estourar a guerra houbo que reaxustar sobre a marcha os plans dos sorteos ante a cantidade de devolucións de billetes non vendidos ou confiscados no sector nacional. AÃnda asÃ, seguiuse co calendario de sorteos previsto antes do inicio da guerra.
A LoterÃa Nacional continuou funcionando normalmente en Madrid ata que, a principios de novembro de 1936, e ante a posibilidade da caÃda da cidade en mans de Franco, o goberno da República, e con el o persoal de LoterÃas, decidiu trasladarse a Valencia, onde se reanudaron os sorteos. Alà continuaron os tres sorteos mensuais, cunha excepción: o Sorteo Extraordinario a beneficio da Cruz Vermella, que debÃa terse celebrado en Madrid o 14 de outubro de 1936, foi aprazado debido ás súas baixas cifras de vendas, e celebrouse en Valencia o 14 de xaneiro de 1937. Ese ano, o goberno realizou tres sorteos mensuais, excepto no mes de xaneiro, que celebrou catro â¿¿o da Cruz Vermellaâ¿¿ pero a marcha da guerra, que ademais dunha perda de territorio implicaba tamén unha maior desconfianza cara ao valor da moeda, obrigou a ir reaxustando o valor da emisión. AsÃ, se en 1936 a emisión do sorteo do Nadal alcanzou os 144 millóns de pesetas, en 1937 só supuxo ao redor de nove millóns.
En Valencia os sorteos celebráronse nunha ampla nave industrial, un antigo almacén de tableiros, situado na rúa Troya, que tiña unha cabida para 2.000 persoas. Para o sorteo de Nadal do 22 de decembro de 1936 confeccionouse un dosel cunha enseña vermella, flanqueada pola bandeira republicana e a senyera valenciana. Nese sorteo utilizáronse os bombos de Madrid e actuaron de cantores os nenos do Colexio Imperial de San Vicente Ferrer.
De decembro de 1937 a xaneiro de 1939 os sorteos celebráronse en Barcelona. O primeiro coincidiu co Extraordinario de Nadal e tivo lugar no local que ocupou o antigo Lyon d⿿Or, un espazo de forma irregular, no que a mesa de presidencia foi colocada fronte á porta de entrada. Empregáronse tamén os bombos procedentes de Madrid. Como cantores actuaron os nenos da Casa de Asistencia Social President Maciá.
O último sorteo na cidade condal celebrouse o 21 de xaneiro de 1939, cinco dÃas antes da entrada das tropas de Franco, e a súa listaxe de premios non chegou a publicarse. Tampouco se celebrou o sorteo fixado para o 1 de febreiro.
Durante o tempo que durou a guerra â¿¿de novembro de 1936 a xaneiro de 1939â¿¿ os servizos da LoterÃa Nacional na zona republicana dependeron da Dirección Xeral do Tesouro e Seguros. Como se limitou a zona de venda de LoterÃa coa división do paÃs, todos os sorteos desta LoterÃa quedaron reducidos, na súa maiorÃa, a unha soa serie.
Premios conciliadores
Houbo números, como o 16.244 e o 16.807, que saÃron premiados o mesmo ano en ambos os sectores. O 1 de marzo de 1938 no sorteo de Barcelona â¿¿zona republicanaâ¿¿, o 16.244 obtivo o terceiro premio, de 20.000 pesetas, que se quedaron naquela cidade, e o 21 de novembro de 1938, no sorteo de Burgos, saÃu premiado ese mesmo número cun segundo premio, de 90.000 pesetas, que tocou en Zaragoza.
O 2 de maio de 1938, o 16.807 obtivo o terceiro premio no sorteo de Barcelona, indo a parar a Madrid as 20.000 pesetas. Tamén este número repartiu o cuarto premio do sorteo de Burgos ⿿zona franquista⿿, celebrado o 1 de xullo dese mesmo ano; as 40.000 pesetas agraciaron á localidade malagueña de Pizarra.
|
LoterÃas de Nadal 1936-1939 |
||||
|
Ano |
Lugar do Sorteo |
Números premiados co Gordo |
Importe do premio en pesetas |
Poboacións agraciadas |
|
1936 |
Valencia |
 05.287 |
30.000.000 |
Madrid |
|
1937 |
Barcelona |
 01.165 |
1.500.000 |
Alacante |
|
1938 |
Barcelona |
 22.655 |
3.000.000 |
Barcelona |
|
1938 |
Burgos |
 36.758 |
4.000.000 |
Málaga |
|
1939 |
Madrid |
 13.093 |
15.000.000 |
Madrid |
Â
A Lotería na zona franquista
A historia da Lotería Nacional no bando franquista presenta a outra cara da moeda, pois se ao principio os republicanos tiñan todo ao seu favor para sacar adiante a súa Lotería, no outro sector a situación era máis caótica.
Tras o levantamento de xullo de 1936, en moitos lugares onde triunfou a sublevación organizáronse rifas en beneficio dos combatentes. A improvisación e falta de control sobre estas rifas xeraron un malestar entre as autoridades, que pronto intentaron regulalas, cando non prohibilas. Unha forma de controlar estas actividades era a de promover grandes rifas con sorteos periódicos e baixo a supervisión dos militares. Entre estas, quizá as máis relevantes foron a Lotería Patriótica de Zaragoza, da que era responsable a Xunta Recadatoria Civil de Defensa Nacional daquela cidade, e a Lotería Patriótica de Sevilla, organizada pola Xunta Municipal de Subsidios, cuxo último sorteo se celebrou o 21 de abril de 1938.
No caso desta última, celebrouse o 21 de decembro de 1936 no salón de actos da Cámara de Comercio. O Concello de Sevilla e a Xunta de Obras do Porto facilitaron os elementos que se empregaban, co que o sorteo puido contar con dous bombos; debido ao tamaño dos mesmos tívose que arbitrar un procedimento de extracción de bólas especial.
Nunha esfera colocáronse 20 bólas numeradas do 1 ao 19 e outra bóla con dous ceros, e na outra 999 bólas numeradas do 1 ao 999 e outra bóla de tres ceros. Sacando unha bóla da primeira esfera e outra da segunda, e unindo as dúas cifras obteríase o número premiado, pois a combinación comprendía a totalidade dos 20.000 números que integraban o sorteo. Os números premiados fórono por orde de saída, e as bólas cantáronas os nenos do Hospicio Provincial.
A fin de maximizar os beneficios coa substitución das pequenas rifas locais por un sorteo de carácter nacional, o 13 de decembro de 1937 aprobouse o restablecemento da Lotería Nacional. O primeiro sorteo estivo constituído por dúas series de 46.000 billetes cada unha, ao prezo de 30 pesetas o billete, e celebrouse o 1 de abril do ano seguinte en Burgos, no edificio do Colexio dos Irmáns Maristas.
Para o acto utilizáronse os bombos que usaba a Deputación de Guipúscoa para os sorteos de amortización da débeda, mentres que os billetes se imprimían nunha empresa de artes gráficas de Bilbao. Os nenos que axudaron na celebración eran internos do Hospicio Provincial e da Casa Refuxio Municipal da cidade.
Nestas condicións celebráronse en Burgos máis de setenta sorteos ata agosto de 1939, data en que volveron a celebrarse en Madrid. O primeiro que se desenvolveu con total normalidade realizouse en Madrid o 1 de agosto, coa curiosa peculiaridade de que os billetes, que se confeccionaron con antelación, sinalaban aínda Burgos para a súa celebración.
* Información extraída de Boletín LAE.