Tu navegador no soporta Javascript

Como xogar ao Quíntuple Plus

  1. Como se xoga ao Quíntuple Plus? Cada aposta do Quíntuple Plus consiste en seleccionar 6 cabalos (un por cada unha das cinco carreiras e o segundo da 5ª carreira). Cada número correspóndese co asignado a cada un dos cabalos participantes en cada unha das cinco carreiras.
    Os números gañadores correspóndense co cabalo gañador en cada unha das cinco carreiras e co que chegue á meta en segundo lugar na quinta carreira.
  2. Canto costa xogar?
    O importe de cada aposta é de 1 euro.
  3. Como podo elixir a miña combinación?
    Para xogar ao Quíntuple en loteriasyapuestas.es debes seleccionar os 6 cabalos de cada aposta de xeito manual (seleccionando ti os números) ou aleatoria (o sistema selecciona os números de maneira aleatoria).
  4. Podo incluír máis dunha aposta para aumentar as miñas posibilidades?
    Si. Tes dous métodos para xogar:
    • Simple: se seleccionas un só cabalo en cada carreira.
    • Múltiple: se o desexas, podes seleccionar máis dun cabalo en cada carreira.
  5. En que sorteos participo?
    Participas nun único sorteo do Quíntuple Plus.
  6. Cales son os premios? No Quíntuple Plus destínase o 55% da recadación a premios, distribuíndose entre as seguintes categorías de premios:

     

    • Especial: 1 só acertante de 1ª categoría
    • 1ª categoría: se se acertan os 5 cabalos gañadores e o segundo cabalo da quinta carreira.
    • 2ª categoría: se se acertan os 5 cabalos gañadores.
    • 3ª categoría: se se acertan 4 cabalos gañadores e o segundo cabalo da quinta carreira.
    • 4ª categoría: se se acertan 4 cabalos gañadores.



©2013 Sociedad Estatal Loterías y Apuestas del Estado Versión móbil | Versión web Juego seguro Visa Master Card Traspaso Bancario Primera regla del juego: + 18 años Autoexclusión Responsabilidad Social Corporativa Web segura bsi_wla bsi_anab