Uso de Cookies

Nas Webs de SELAE empregamos cookies tanto propias coma de terceiros para mellora-la túa experiencia de usuario, realizar análises estatísticas e ofrecerche información de interese. Se continúas a navegar, entenderemos que aceptas o seu uso. Se necesitas máis información ou queres saber como rexeitalas ou eliminalas, fai clicaquí.

Como xogar á BonoLoto

  1. Como se xoga á BonoLoto? Cada aposta da BonoLoto consiste en seleccionar 6 números dunha táboa de 49 (números do 1 ao 49).
  2. Canto costa xogar?
    O importe de cada aposta é de 0,50 euros (50 céntimos).O importe mínimo do boleto completo é 1 euro, polo tanto:
    • Se o teu boleto participa nun único sorteo, debe incluír polo menos 2 apostas (50 céntimos x 2 apostas x 1 sorteo = 1 euro)
    • Se o teu boleto participa en dous ou máis sorteos (sorteo semanal), pode incluír desde 1 única aposta (50 céntimos x 1 aposta x 2 sorteos = 1 euro)
  3. Como podo elixir a miña combinación?
    Para xogar á BonoLoto en loteriasyapuestas.es debes seleccionar os 6 números de cada aposta de xeito manual (seleccionando ti os seis números de cada aposta) ou aleatoria (o sistema selecciona os números de maneira aleatoria).
  4. Podo incluír máis dunha aposta para aumentar as miñas posibilidades?
    Si. Tes dous métodos para xogar:
    • Simple: podes xogar como mínimo 1 aposta e como máximo 8 nun mesmo boleto, con 6 números cada aposta. Para xogar unha aposta márcanse seis números no primeiro bloque. Para xogar dúas, márcanse seis números no primeiro bloque e seis no segundo, e así sucesivamente. Cada aposta simple ten un importe de 0,50 ⿬. 
    • Múltiple: se o desexas, podes xogar máis de 6 números na túa aposta, para iso deberás marcalos exclusivamente no primeiro bloque do boleto. Ten en conta que a maior número de múltiples seleccións, maior será o importe da túa aposta. Poderás xogar os seguintes múltiples:
      • Se marcas o recadro de 44 apostas, deberás seleccionar 5 números no primeiro bloque. O conxunto formado por eses cinco números elixidos xoga con cada un dos restantes números do bloque, formándose así 44 conxuntos de seis prognósticos, é dicir, 44 apostas
      • Se marcas o recadro de 7 apostas, deberás seleccionar 7 números no primeiro bloque.
      • Se marcas o recadro de 28 apostas, deberás seleccionar 8 números no primeiro bloque.
      • Se marcas o recadro de 84 apostas, deberás seleccionar 9 números no primeiro bloque.
      • Se marcas o recadro de 210 apostas, deberás seleccionar 10 números no primeiro bloque.
      • Se marcas o recadro de 462 apostas, deberás seleccionar 11 números no primeiro bloque.

    Cada múltiple determina o número de apostas a pagar.

  5. En que sorteos participo?
    Tes dúas opcións para xogar:
    • Sorteo diario: se queres participar nun solo sorteo, o de luns, martes, mércores, xoves, venres ou sábado. Ten en conta que si participas no sorteo diario debes realizar ó menos duas apostas. Se validas o teu boleto de domingo a luns, participarás no sorteo do luns; se o validas o martes, no do martes; se o validas o mércores, no do mércores; se o validas no do xoves participarás no sorteo do xoves; se o validas no do venres participarás no sorteo do venres; e se lo validas no do sábado participarás no sorteo do sábado.
    • Sorteo semanal: se queres participar en todos os sorteos da semana, os do luns, martes, mércores, xoves, venres e sábado. Recorda que xogas cós mesmos pronósticos e apostas nos seis sorteos da semana. Validadas os días domingo anterior e luns, participas nos sorteos de luns, martes, mércores, xoves, venres e sábado. Validadas o martes, participas nos sorteos do martes, mércores, xoves, venres e sábado. Validadas o mércores, participas nos sorteos de mércores, xoves, venres e sábado. Validadas o xoves, participas no sorteo do xoves, venres e sábado. Validadas o venres, participas no sorteo do, venres e sábado. Validadas o sábado, participas no sorteo do sábado.
  6. Cales son os premios? En La Primitiva destínase o 55% da recadación a premios, distribuíndose entre as seguintes categorías de premios:

     

    • 1ª categoría: se se acertan os 6 números da combinación gañadora.
    • 2ª categoría: se se acertan 5 números da combinación gañadora máis a extracción correspondente ao número complementario*
    • 3ª categoría: se se acertan 5 números da combinación gañadora.
    • 4ª categoría: se se acertan 4 números da combinación gañadora.
    • 5ª categoría: se se acertan 3 números da combinación gañadora.
    • Reintegro: se o número destinado a este premio coincide co do teu boleto, e virá referido ao importe total de apostas nas que participaches.
      • Sorteo semanal: o reintegro para a modalidade de abono ou sorteo semanal sortearase cada día, asignándose o premio correspondente ó valor da aposta diaria.
      • Sorteo diario: o reintegro para a modalidade de participación diaria virá determinado polo díxito gañador do sorteo do día de participación.

    *Que é o complementario?
    O complementario é un número adicional que se extrae no sorteo co obxectivo de dar a oportunidade de subir o seu premio a quen acertou exactamente cinco dos seis números da combinación gañadora. Ti non elixes un complementario: este é un número adicional que se extrae no sorteo e que ten que coincidir cun dos números da túa combinación, supoñendo que, ademais, esta combinación inclúe 5 dos 6 números da combinación gañadora. Polo tanto, o complementario só é aplicable na 2ª categoría de premios.

Redes sociaisPlegar/Desplegar
  • Síguenos en... :

    • A través de RSS
    • No Facebook
    • No Twitter
    • Na nosa canle Youtube
  • Engadir aos meus favoritos :

    • Engadir aos meus favoritos
    • Agregar a favoritos de del.icio.us
    • Agregar a favoritos do Google Bookmarks
  • Valorar a nosa web :