Último acceso: Sesión: - Último acceso:

Como verifico a miña identidade?

A normativa actualmente vixente obríganos a verificar documentalmente os datos persoais que nos achegaches no caso de que precises realizar unha descarga, cobrar un premio na túa conta bancaria ou cargues unha cantidade que supere, sumando todas as túas cargas desde o 28/3/2019, a cantidade de 150 €.

Para iso terás que acceder ao noso Proceso de Verificación Documental de Identidade a través do teu perfil de usuario nos meus Datos -> Datos persoais na nosa Plataforma web, ou a través da nosa App oficial para IOS e Android.  

Dispós de dúas opcións para verificares a túa documentación de maneira automática: 

1) Podes inicialo cun dispositivo móbil con cámara e permitirnos realizar: 

  • As fotos das caras do teu DNI/NIE para que poidamos confirmar que os datos indicados no proceso de rexistro están correctos e actualizados.
  • Un vídeo do teu rostro que nos avale de que es o propietario do documento presentado (ao comparalo coa fotografía da documentación) e nos permita garantir suficientemente a protección do consumidor á cal estamos obrigados, en particular, menores e participantes con consumos abusivos. 

2) Tamén podes inicialo desde o teu PC o calquera dispositivo móbil anexando:

  • As fotos das caras do teu DNI/NIE co mesmo obxectivo que na opción anterior.
  • Unha fotografía de boa calidade do teu rostro tamén co mesmo obxectivo que o vídeo da opción descrita anteriormente.

O noso proceso validará automaticamente que a información presentada se corresponde exactamente cos datos persoais que indicaches no proceso de rexistro  e a partir dese ese momento levantaranse as restricións sobre as cargas, descargas e o pagamento de premios.

No caso de que te rexistrases cun NIE e non dispoñas dun documento de identidade con foto, durante o proceso de verificación documental de identidade automático, ao comprobar que o documento que achegas non é suficiente para verificarte, indicarémosche como debes proceder para realizares a túa verificación de identidade de forma manual.

En xeral, este proceso realízase de maneira automatizada pola túa comodidade, pois minimiza o tempo que pasa desde que o inicias ata que finaliza, pero, se tes calquera problema, podes pórte en contacto connosco e trataremos de axudarte a través do teléfono 900 29 41 05.

Lembra que pode que teñas que realizar este proceso máis veces aínda que xa o fixeses antes, pois a documentación ou a información achegada poden quedar obsoletas.

A Dirección Xeral de Ordenación do Xogo, a través da normativa actualmente vixente, obriga todos os operadores de xogo en liña a realizaren unha verificación documental dos seus xogadores para previr a fraude e o acceso de menores de idade mediante a utilización de datos persoais pertencentes a outras persoas. Desde Loterías del Estado, comprometidos coa xestión responsable do xogo, cumprimos con esta normativa de forma rigorosa e traballamos de forma proactiva para evitar calquera incidencia neste aspecto.