Sesión:
-
Último acceso:
A web oficial de Loterías e as súas aplicacións, ao ser a única oficial, garánteche a verificación continua de que non existen xogadores realizando apostas que teñan problemas declarados de adición ao xogo.
Para garantir un xogo responsable e o control do gasto, existen limitacións xerais para todos os usuarios e poden existir limitacións concretas para algúns xogadores.
As limitacións actuais ao xogo relacionadas con esta preocupación polo xogo responsable máis importantes son as seguintes:
Autolimitación das cantidades que se poden cargar e xogo en liña
De acordo co artigo 36 do Real decreto 1614/2011 polo que se desenvolve a Lei 13/2011 de regulación do xogo, con respecto ás licenzas, autorizacións e rexistros de xogos, actualmente SELAE non permite aos participantes depositar na conta de xogo en liña cantidades superiores a:
Todos os participantes teñen a opción de reducir os límites de depósito autorizados. Calquera redución dos límites de depósito autorizados polo participante terá efecto inmediato.
Independentemente dos límites mencionados para a carga, o participante ten un campo no seu perfil de xogador en liña onde pode indicar o importe máximo para o seu gasto semanal. Cada vez que intente participar nos nosos xogos, o sistema controlará que o importe das apostas feitas durante os últimos 7 días non supere ese valor.
A modificación destes límites podes realizala unha vez te autentiques na plataforma de Loterías y Apuestas e, a partir das opcións que se mostran no menú do teu moedeiro electrónico, cando selecciones a opción de «OPCIÓNS».
Consulta máis información sobre Xogo Responsable aquí.
Se queres toda a información sobre Xogo Responsable, podes descargarte este documento
2023 © SELAE Todas as marcas de SELAE están rexistradas e está prohibido o uso destas por terceiros sen a autorización expresa de SELAE- Loterías y Apuestas del Estado