Uso de Cookies

Nas Webs de SELAE empregamos cookies tanto propias coma de terceiros para mellora-la túa experiencia de usuario, realizar análises estatísticas e ofrecerche información de interese. Se continúas a navegar, entenderemos que aceptas o seu uso. Se necesitas máis información ou queres saber como rexeitalas ou eliminalas, fai clicaquí.

Como xogar a El Gordo de la Primitiva

  1. Como se xoga a El gordo de la Primitiva? Cada aposta de El gordo de la Primitiva consiste en seleccionar 5 números dunha táboa de 54 (números do 1 ao 54).
  2. Canto costa xogar?
    O importe de cada aposta é de 1,50 euros.
  3. Como podo elixir a miña combinación?
    Para xogar a El gordo de la Primitiva en loteriasyapuestas.es debes seleccionar os 5 números de cada aposta de xeito manual (seleccionando ti os cinco números de cada aposta) ou aleatoria (o sistema selecciona os números de maneira aleatoria).
  4. Podo incluír máis dunha aposta para aumentar as miñas posibilidades?
    Si. Tes dous métodos para xogar:
    • Simple: podes xogar como mínimo 1 aposta e como máximo 6 nun mesmo boleto, con 5 números cada aposta. Para xogar unha aposta márcanse 5 números no primeiro bloque. Para xogar dúas, márcanse 5 números no primeiro bloque e 5 no segundo, e así sucesivamente. Ademais, sempre se ten que marcar un número na "2ª matriz". Cada aposta simple ten un importe dun euro e cincuenta.
    • Múltiple: se o desexas, podes xogar máis de 6 números na túa aposta, para iso deberás marcalos exclusivamente no primeiro bloque do boleto. Ten en conta que a maior número de múltiples seleccións, maior será o importe da túa aposta. Poderás xogar os seguintes múltiples:
      • Se marcas o recadro de 6 apostas, deberás seleccionar 6 números no primeiro bloque. 
      • Se marcas o recadro de 21 apostas, deberás seleccionar 7 números no primeiro bloque. 
      • Se marcas o recadro de 56 apostas, deberás seleccionar 8 números no primeiro bloque.
      • Se marcas o recadro de 126 apostas, deberás seleccionar 9 números no primeiro bloque.
      • Se marcas o recadro de 252 apostas, deberás seleccionar 10 números no primeiro bloque.
      • Se marcas o recadro de 462 apostas, deberás seleccionar 11 números no primeiro bloque.

    Cada múltiple determina o número de apostas a pagar.

  5. En que sorteos participo?
    El Gordo de la Primitiva ten un único sorteo semanal, que se celebra cada domingo.
  6. Cales son os premios? En El gordo de la Primitiva destínase o 55% da recadación a premios, distribuíndose entre as seguintes categorías de premios:

     

    • 1ª categoría: se se acertan os 5 números da combinación gañadora e o reintegro.
    • 2ª categoría: se se acertan 5 números da combinación gañadora.
    • 3ª categoría: se se acertan 4 números da combinación gañadora e o reintegro. 
    • 4ª categoría: se se acertan 4 números da combinación gañadora.
    • 5ª categoría: se se acertan 3 números da combinación gañadora e o reintegro.
    • 6ª categoría: se se acertan 3 números da combinación gañadora.
    • 7ª categoría: se se acertan 2 números da combinación gañadora e o reintegro.
    • 8ª categoría: se se acertan 2 números da combinación gañadora.
    • Reintegro: se o número destinado a este premio coincide co do noso boleto.
Redes sociaisPlegar/Desplegar
  • Síguenos en... :

    • A través de RSS
    • No Facebook
    • No Twitter
    • Na nosa canle Youtube
  • Engadir aos meus favoritos :

    • Engadir aos meus favoritos
    • Agregar a favoritos de del.icio.us
    • Agregar a favoritos do Google Bookmarks
  • Valorar a nosa web :