Uso de Cookies

Nas Webs de SELAE empregamos cookies tanto propias coma de terceiros para mellora-la túa experiencia de usuario, realizar análises estatísticas e ofrecerche información de interese. Se continúas a navegar, entenderemos que aceptas o seu uso. Se necesitas máis información ou queres saber como rexeitalas ou eliminalas, fai clic aquí.

Último acceso: Sesión: - Último acceso:

Xogo Responsable

Mecanismo de detección de comportamento de risco no xogo

SELAE definiu un modelo e puxo en funcionamento un proceso para detectar comportamentos de risco dos seus xogadores. O proceso para detectar estes comportamentos de risco farase en bloque de tres semanas.

O tratamento dos datos persoais das persoas xogadoras que resulte de aplicar o modelo, só terá por finalidade a detección de persoas que incorran nun comportamento de risco e a posta en marcha das seguintes medidas:

Se a un xogador do sistema de xogos de SELAE é detectado durante 3 semanas seguidas (bloque) un comportamento de risco, enviarémoslle a seguinte información, a primeira vez que se lle detecte:

1.       Información relativa ás participacións e ao gasto do xogador no período da análise.

2.       Cubrir a proba de autoavaliación

3.       Recomendar o acceso á zona de xogo responsable da web e:

          a. Consultar o control de actividade do xogo e gasto existentes

          b. Consultar a autoexclusión e a autoprohibición.

4.       Recomendar que xogue responsablemente.

Se o xogador seguir co comportamento de risco en semanas sucesivas, SELAE enviaralle a seguinte información:

1. Información relativa ás participacións e ao gasto do xogador no período da análise
2. Recomendar o acceso á zona de xogo responsable da web e:

           a. Consultar o control de actividade do xogo e do gasto existentes

           b. Consultar a autoexclusión e a autoprohibición.

       3.    Recomendar que xogue responsablemente.

Comunicación da suspensión temporal da conta do xogador

      Se se detectase do xogador, nos seguintes dous bloques de tres semanas (6 semanas consecutivas), un comportamento de risco, polo menos en dúas semanas de cada bloque, avisarémolo sobre a suspensión do xogo.

Suspensión temporal da conta do xogador de risco

      SELAE suspenderá temporalmente a conta de xogo e o xogo do xogador por período de 3 meses, cando este mantiver un comportamento de risco transcorridas tres semanas desde o aviso de suspensión. Unha vez transcorridos os tres meses da suspensión temporal da conta será comunicada ao xogador a activación desta.

      Durante a suspensión da conta, o xogador non poderá realizar cargas na súa lotobolsa nin realizar apostas, pero si que poderá recuperar o diñeiro que tivese na lotobolsa e ingresaránselle os premios obtidos previamente.

Cando deixa un xogador de ser considerado xogador de risco?

       Cando un xogador de risco, desde a súa detección e comunicación leva 12 semanas seguidas sen un comportamento de risco detectado, será considerado novamente un xogador SEN risco.

Teléfono de asistencia

       Este servizo é directamente prestado por SELAE. O contido da asistencia que se presta é informativa sobre:

        a) Os riscos que pode xerar a actividade do xogo.

        b) A posibilidade de realizar un test de autoavaliación.

        c) A posibilidade de exercer as facultades de autoprohibición ou autoexclusión.

        d) Os servizos públicos de prevención e atención aos trastornos asociados co xogo.

     Toda a información tratada é confidencial