Uso de Cookies

Nas Webs de SELAE empregamos cookies tanto propias coma de terceiros para mellora-la túa experiencia de usuario, realizar análises estatísticas e ofrecerche información de interese. Se continúas a navegar, entenderemos que aceptas o seu uso. Se necesitas máis información ou queres saber como rexeitalas ou eliminalas, fai clicaquí.

Como xogar a La Quiniela

  1. Como se xoga a La Quiniela? Cada aposta de La Quiniela consiste en prognosticar, sobre tres opcións, o resultado dun partido de fútbol de dous equipos; hai que acertar se un equipo gaña (1), empata (X) ou perde (2).
  2. Canto costa xogar?
    O importe de cada aposta é de 0,50 euros (50 céntimos).
  3. Como podo elixir a miña combinación?
    Para xogar a La Quiniela en loteriasyapuestas.es debes seleccionar os 14 prognósticos máis o pleno ao quince de cada aposta de xeito manual (seleccionando ti os prognósticos de cada aposta) ou aleatoria (o sistema selecciona os prognósticos de maneira aleatoria).
  4. Podo incluír máis dunha aposta para aumentar as miñas posibilidades?
    Si. Tes dous métodos para xogar:
    • Simple: podes xogar como mínimo 2 apostas e como máximo 8 nun mesmo boleto, con 14 prognósticos cada aposta, máis o pleno ao quince. Para xogar unha aposta márcanse catorce números no primeiro bloque máis o pleno ao quince. Para xogar dúas, márcanse catorce números no primeiro bloque e catorce no segundo, máis o pleno ao quince, e así sucesivamente. Cada aposta simple ten un importe de cincuenta céntimos.
    • Múltiple: se o desexas, podes xogar máis de 14 números na túa aposta, para iso deberás marcar estes exclusivamente no primeiro bloque do boleto, mediante a combinación de dous (dobre) ou tres (triplo) prognósticos por partido. Ademais, é imprescindible marcar en bloque das "Combinacións'' o número de dobres e/ou triplos que se prognosticaron. Ten en conta que a maior número de múltiples seleccións, maior será o importe da túa aposta. Poderás xogar os seguintes métodos múltiples:
      • Múltiple directo: pódese elixir unha combinación de dobres e triplos determinada (consulta as posibles combinacións no Anexo I do documento das Normas de La Quiniela, que atoparás ao final desta páxina).
      • Múltiple reducido: deberás indicar as combinacións de dobres e triplos que desexes realizar, e seleccionar os partidos sobre os que desexes aplicar as reducións (consulta as reducións autorizadas no Anexo II do documento da Norma de La Quiniela, que atoparás ao final desta páxina).
      • Múltiple condicionado: deberás indicar as condicións (variantes, equis e doses), ademais dos partidos aos que se aplicarán as devanditas condicións (consulta as condicións autorizadas no documento das Normas de La Quiniela, que atoparás ao final desta páxina). 
  5. En que sorteos participo?
    Participas para unha soa xornada de La Quiniela.
  6. Cales son os premios? En La Quiniela destínase o 55% da recadación a premios, distribuíndose entre as seguintes categorías de premios:

     

    • Categoría especial: se se acertan os 14 resultados máis o Pleno ao Quince.
    • 1ª categoría: se se acertan os 14 resultados.
    • 2ª categoría: se se acertan 13 resultados.
    • 3ª categoría: se se acertan 12 resultados.
    • 4ª categoría: se se acertan 11 resultados.
    • 5ª categoría: se se acertan 10 resultados.
Redes sociaisPlegar/Desplegar
  • Síguenos en... :

    • A través de RSS
    • No Facebook
    • No Twitter
    • Na nosa canle Youtube
  • Engadir aos meus favoritos :

    • Engadir aos meus favoritos
    • Agregar a favoritos de del.icio.us
    • Agregar a favoritos do Google Bookmarks
  • Valorar a nosa web :