Uso de Cookies

Nas Webs de SELAE empregamos cookies tanto propias coma de terceiros para mellora-la túa experiencia de usuario, realizar análises estatísticas e ofrecerche información de interese. Se continúas a navegar, entenderemos que aceptas o seu uso. Se necesitas máis información ou queres saber como rexeitalas ou eliminalas, fai clicaquí.

Como xogar á Lototurf

  1. Como se xoga á Lototurf? Cada aposta da Lototurf consiste en seleccionar 6 números dentro dunha táboa de 31 (números do 1 ao 31) e un cabalo (números do 1 ao 12).
    Para determinar os números gañadores da primeira táboa celebrarase un sorteo, e o da segunda táboa obterase do resultado dunha carreira de cabalos determinada.
  2. Canto costa xogar?
    O importe de cada aposta é de 1 euro.
  3. Como podo elixir a miña combinación?
    Para xogar á Lototurf en loteriasyapuestas.es debes seleccionar os 6 números e un cabalo de cada aposta de xeito manual (seleccionando ti os números) ou aleatoria (o sistema selecciona os números de maneira aleatoria).
  4. Podo incluír máis dunha aposta para aumentar as miñas posibilidades?
    Si. Tes dous métodos para xogar:
    • Simple: podes xogar como mínimo 1 aposta e como máximo 6 nun mesmo boleto. Para xogar unha aposta márcanse seis números no primeiro bloque e un cabalo. Para xogar dous, márcanse seis números no primeiro bloque e un cabalo, e seis no segundo e un cabalo, e así sucesivamente. Cada aposta simple ten un importe dun euro.
    • Múltiple: se o desexas, podes xogar máis de 6 números e máis dun cabalo na túa aposta, para iso deberás marcalos exclusivamente no primeiro bloque do boleto. Ten en conta que a maior número de múltiples seleccións, maior será o importe da túa aposta. Poderás xogar, como máximo, 10 números e 4 cabalos nunha aposta.
  5. En que sorteos participo?
    Participas nun único sorteo da Lototurf.
  6. Cales son os premios? Na Lototurf destínase o 55% da recadación a premios, distribuíndose entre as seguintes categorías de premios:

     

    • 1ª categoría: se se acertan os 6 números da combinación gañadora e o cabalo gañador.
    • 2ª categoría: se se acertan os 6 números da combinación gañadora.
    • 3ª categoría: se se acertan 5 números da combinación gañadora e o cabalo gañador. 
    • 4ª categoría: se se acertan 5 números da combinación gañadora.
    • 5ª categoría: se se acertan 4 números da combinación gañadora e o cabalo gañador.
    • 6ª categoría: se se acertan 4 números da combinación gañadora.
    • 7ª categoría: se se acertan 3 números da combinación gañadora e o cabalo gañador.
    • Reintegro: se o número destinado a este premio coincide co do noso boleto. 
Redes sociaisPlegar/Desplegar
  • Síguenos en... :

    • A través de RSS
    • No Facebook
    • No Twitter
    • Na nosa canle Youtube
  • Engadir aos meus favoritos :

    • Engadir aos meus favoritos
    • Agregar a favoritos de del.icio.us
    • Agregar a favoritos do Google Bookmarks
  • Valorar a nosa web :