Sorteos e botes vindeiros

Este servizo proporciónache a seguinte información sobre os sorteos que se atopan abertos para realizar apostas:

  • A data de celebración dos próximos sorteos de cada xogo.
  • O premio que un único acertante podería chegar a obter.
  • Información acerca do horario de venda no día de hoxe, para que, se o desexas, poidas realizar a tempo as túas apostas en liña. No caso de que nese momento non haxa ningún sorteo programado, debaixo do nome do xogo aparecerá a mensaxe "Actualmente no hai ningún sorteo aberto para este xogo".
  • Ademais, a carón do horario de cada sorteo, poderás ver unha ligazón directa ao boleto. Deste xeito poderás xogar en liña e sen comisións, gozando de todas as vantaxes que che ofrecemos en loteriasyapuestas.es. Se o sistema non permitise realizar apostas nese instante, non aparecerá a ligazón directa ("Xogar") que leva ata o boleto.