Autoexclusión do xogo

Autoexclusión e autoprohibición do xogo

Autoexclusión

No caso de que sexas participante nos nosos xogos a través desta web e de que te consideres incapaz de te controlares ou de manteres un equilibrio, Loterías del Estado ofréceche un servizo de autoexclusión temporal (períodos de descanso) a través da túa conta de participante, o que se considera unha forma de previr os problemas relacionados co xogo.

A autoexclusión consiste nun proceso mediante o cal podes deixar bloqueada a túa conta de xogo durante un período que terás que elixir entre os preestablecidos, e así evitarás calquera participación en liña nos nosos xogos.

Esta función está dispoñible unha vez te autentiques na nosa plataforma, desde o teu perfil, debaixo da opción de «DATOS DE ACCESO».

 

O usuario pode autoexcluírse por diferentes períodos de tempo de 1, 3, 6 meses ou de forma permanente.

Durante o período de autoexclusión temporal o rexistro de usuario, o cliente non poderá desbloquear as súas contas en por si, (si poderá solicitalo ao Centro de Atención ao Usuario no caso de que o período sexa maior de 6 meses e transcorrese este tempo), nin tampouco poderá:

  • participar a través de loteriasyapuestas.es en ningún dos xogos de SELAE
  • depositar importes no rexistro de xogo
  • recibir ofertas promocionais nin comunicacións de SELAE
  • abrir outro rexistro de usuario

No caso de autoexclusión temporal ao final do período establecido, o teu rexistro de usuario reactivarase automaticamente e permitirache unha normal operación a partir desa altura. No caso de autoexclusión permanente, SELAE proporciónache a posibilidade de solicitares a túa readmisión.

Son medidas que establece SELAE e que permiten ás persoas que presenten unha conduta desordenada no xogo a posibilidade de bloquear a canle en liña para xogar.

 

Autoprohibición

O Rexistro Xeral de Interdicións de Acceso ao Xogo (RXIAX) é un rexistro público, creado ao abrigo da Lei 13/2011, de regulación do xogo, que inclúe os cidadáns que exercesen o seu dereito de solicitar que lles sexa prohibida a participación nas actividades do xogo. Así mesmo, este rexistro inclúe tamén os cidadáns que teñen prohibido, por resolución xudicial, o acceso ao xogo, e quen se encontre legalmente incapacitado para esta actividade.

Se desexas inscribirte, modificaros teus datos ou darte de baixa no RXIAX, podes solicitarllo á Dirección Xeral de Ordenación do Xogo a través da ligazón que verás ao final desta páxina.

Se tiveres a sensación de non seres quen de te controlar ou por calquera outra razón queres limitar a túa participación no xogo, podes utilizar a opción de autoprohibir para ti o acceso ao xogo e usar o Rexistro Xeral de Interdición de Acceso ao Xogo (RXIAX); podes inscribirte de forma voluntaria.

https://www.ordenacionjuego.es/es/rgiaj

Unha vez inscrito neste, non poderás seguir xogando en SELAE nin en ningunha outra páxina do xogo. Transcorridos seis meses desde a inscrición no rexistro, poderás solicitar a baixa nel.