Cobro de premios

En loteriasyapuestas.es hai dous tipos de premios:

  • Premios menores: aqueles cuxa contía por unidade de aposta é inferior a 2.500 euros. O sistema intentará ingresalos automaticamente na túa Lotobolsa. Se, como resultado, a túa Lotobolsa supera o saldo máximo permitido, actualmente fixado en 400€ para todos os participantes, ou se o importe do premio excede o máximo que indicaches nas túas Opcións, o sistema intentará transferir automaticamente o premio á conta bancaria almacenada no teu perfil de usuario. Se non dispós de ningunha, a operación non será posible, quedando o premio cargado na túa Lotobolsa, desde onde poderás descargalo a unha conta bancaria se así o desexas. Para evitar este tipo de situacións e permitir que o sistema che transfira os teus premios automaticamente, recomendámosche que o teu perfil dispoña sempre dunha conta bancaria válida e actualizada.
  • Premios maiores: para aqueles por importe igual ou superior a 2.000 €, cumprirá que solicites o seu cobramento a través desta web. Para iso cumprirá que introduzas un número de conta bancaria para o cobramento do premio, ofrecéndoche, por defecto, o que teñas configurado no teu perfil. Ademais, o sistema proporcionarache unha clave temporal. Con esa clave deberás poñerte en contacto co Centro de Atención a Usuarios, onde te pedirán a túa clave e os teus datos persoais. En caso de perder a clave temporal ou ter algún problema con ela, sempre poderás solicitar unha nova, do mesmo xeito que solicitaches a anterior, sendo válida a máis recente. Unha vez cumprido este proceso, o premio quedará solicitado e comezará o proceso de verificación e pagamento por parte de LAE.

Lembra que debes estar rexistrado e autenticado no sistema para poder solicitar os premios.

Os premios de LAE están exentos de tributación segundo a Lei do Imposto sobre as Persoas Físicas (I.R.P.F). Podes atopar máis información en Pregunta Frecuente Como tributan os premios de LAE?