POLÍTICA DE ACCESIBILIDADE
Na construción do sitio web de loteriasyapuestas.es adoptáronse unha serie de medidas co obxectivo de mellorar a súa accesibilidade. Isto comporta unha serie de vantaxes como:
- Facilitar o acceso dos usuarios independentemente da súa condición física ou do seu contorno
- Permitir o acceso con diferentes axentes de usuario
- Incluir contidos claros ben estruturados
- Mellorar a navegación e a experiencia do usuario
Entre outras adoptáronse as seguintes medidas:
- Uso de CSS para a presentación da información
- Texto alternativo nas imaxes
- Os enlaces ofrecen detalles da función ou destino da ligazón
- Uso dos estándares do W3C
- periodicamente realízanse melloras na web que sempre estarán orientadas a manter ou elevar o nivel de cumprimento de estándares
Cumprimento dos estándares
As páxinas deste sitio web adáptanse as ""Pautas de Contido Accesible en web 1.0"" do W3C, dispoñible en http://www.w3.org/TR/1999/WAI-WEBCONTENT-19990505, nivel A (A).
Tódolos requisitos de Prioridade 1 foron comprobados cunha análise manual da accesibilidade a través de diferentes ferramentas semiautomáticas, axentes de usuario e axudas técnicas.
Configuración recomendada para navegar pola web
Para a mellor experiencia no uso desta canle de relación, recoméndaselle ao participante o emprego dos seguintes medios técnicos:
- Navegador: Internet Explorer 7 ou superior, Mozilla 3.0.0 ou superior.
- Resolución de pantalla recomendada: 1.024x768
- Para ver algúns dos contidos, será preciso o plugin Adobe Flash
- Para consultar algúns dos documentos será preciso ter instalado o plugin Adobe Reader
- Debes ter activadas no teu navegador as opcións de Java e javascript
- Debes ter habilitadas as cookies no teu navegador
Non existen requisitos nin restricións con respecto ao ordenador ou sistema operativos empregados.
Contacto
Calquera queixa, consulta ou suxestión de mellora sobre a accesibilidade deste portal poderá canalizarse a través do formulario destinado para tal fin da áxina de contacto.