Pagamento seguro con tarxeta de crédito/débito

Poderás cargar a túa Lotobolsa a través do pagamento seguro con tarxeta de crédito ou débito.

Para evitar ter que introducir todos os datos da túa tarxeta cada vez, se xa fixeches algún pagamento, poderás cargar directamente a túa lotobolsa con esa mesma tarxeta sen ter que volvelos introducir. 

En caso de que non cargases nunca con tarxeta ou queiras utilizar unha tarxeta diferente, abonda con que selecciones o medio de pagamento e quites a opción marcada neste apartado. Ao introducir a cantidade a cargar e premer en “Enviar”, deberás teclear o número de tarxeta, a data de caducidade e o CVV/CVC da dita tarxeta.

Pagamento seguro en Internet:

É un sistema de pagamento seguro con tarxeta, porque se consegue autenticar o titular da tarxeta, é dicir, garante que o cliente que está usando un número de tarxeta é realmente o titular da mesma. Isto realízase mediante unha clave secreta que o teu propio banco che dará. Algúns bancos mostraranche unha frase persoal, que previamente indicaches ao dar de alta a tarxeta neste servizo.

Independentemente de que introduzas ou non o número de tarxeta, sempre se solicitará esta clave secreta antes de cargar a lotobolsa.

Se a túa tarxeta non está dada de alta, poderás seguir as indicacións do teu banco para solicitar este servizo.