Cambia o teu contrasinal

Para muda-lo teu contrasinal deberás acceder ao apartado "Conta de xogo" do espazo "Configuración". Unha vez aí preme na opción "Cambiar contrasinal"; indica o teu contrasinal actual e o teu novo contrasinal, e repíteo para a súa confirmación.

Enviaráseche unha notificación por correo electrónico.

Lembrámosche que os requisitos para o teu contrasinal son os seguintes:

- Polo menos un número.

- Polo menos unha letra minúscula.

- Polo menos unha letra maiúscula.

- Polo menos oito caracteres.

- Permitidos soamente os seguintes símbolos non alfanuméricos: _- # $ & ¿ ? ¡ ! @

O teu contrasinal novo non poderá ser igual ao teu contrasinal actual.