Condicións de uso

Os termos e condicións que máis adiante se indican regulan o acceso e uso do Portal.

Dentro da expresión "Portal" compréndense -con carácter delimitativo pero non limitativo- os textos, gráficos, imaxes, animacións, creacións musicais, vídeos, sons, debuxos, fotografías, aplicacións informáticas, bases de datos, código html e outras obras incluídas neste, e, en xeral, todas as creacións expresadas por calquera medio ou soporte, tanxible ou intanxible, actualmente coñecido ou que se xere no futuro, con independencia de que sexan susceptibles ou non de propiedade intelectual de acordo ao Texto Refundido da Lei de Propiedade Intelectual ou norma que nun futuro a sucedese.

O Portal está orientado aos cidadáns españois e residentes no territorio nacional maiores de idade (ou menores emancipados); non se autoriza a alta de persoas en outras situacións. L.A.E. roga encarecidamente aos menores de idade non emancipados que non soliciten a alta no servizo.

Adquírese a condición de Participante mediante o proceso de rexistro definido no portal. O Participante deberá identificarse para garantir a seguridade do proceso e sobre todo o pagamento de premios á persoa que os obteña. O acceso como visitante ao Portal non requirirá o rexistro de datos persoais excepto o e-mail para aqueles casos nos que desexe o envío periódico de información.

O Participante é consciente de que o acceso e utilización dos servizos e contidos do Portal realízase baixo a súa única e exclusiva responsabilidade.

As presentes condicións de uso son aceptadas expresa e plenamente polo Participante polo simple feito de acceder ao Portal e/ou a visualización dos contidos ou utilización dos servizos contidos no Portal. No caso de que o Participante non acepte estas condicións xerais ou, no seu caso, as Condicións Particulares que regulen o uso dun determinado servizo e/ou contido, o usuario deberá absterse de acceder ao Portal así como no seu caso ao dito servizo e/ou contido.

Con carácter xeral, os servizos e contidos ofrecidos a través do Portal figurarán tanto en castelá coma nos idiomas autonómicos vasco, catalán, valenciano e galego. No caso de contradición entre as condicións de uso da web e resto de textos legais, prevalecerá a versión en castelán.

O custo do acceso telefónico ou outro tipo de gasto pola conexión ao acceso ao Portal correrá a cargo exclusivamente do Participante.

O Participante deberá establecer as medidas de seguridade de carácter técnico axeitadas para evitar accións non desexadas no seu sistema de información, arquivos e equipos informáticos empregados para acceder a Internet e, en especial, ao Portal.

1. DEREITOS E OBRIGAS DO USUARIO.

O participante poderá:

  • Acceder de forma gratuíta e sen necesidade de autorización previa aos contidos e servizos do Portal dispoñibles como tales, sen prexuízo das condicións técnicas, particulares ou a necesidade do previo rexistro respecto de servizos e contidos específicos, segundo se determine nestas condicións.
  • Utilizar os servizos e contidos dispoñibles para o seu uso exclusivamente particular, sen prexuízo do disposto nas condicións particulares que regulen o uso dun determinado servizo e/ou contido.
  • Facer un uso correcto e lícito do sitio, de conformidade coa lexislación vixente, a moral, os bos costumes e a orde pública.

En ningún caso o usuario poderá:

  • Acceder ou utilizar os servizos e contidos do sitio con fins ilícitos, lesivos de dereitos e liberdades de terceiros, ou que poidan prexudicar, danar ou impedir por calquera forma, o acceso a eles, en prexuízo da L.A.E. ou de terceiros.
  • Utilizar os servizos, total ou parcialmente, para promocionar, vender, contratar, divulgar publicidade ou información propia ou de terceiras persoas sen autorización previa de L.A.E..
  • Incluír hipervínculos nas súas páxinas web particulares ou comerciais a este Portal incumprindo as condicións previstas para iso.
  • Utilizar os servizos e contidos ofrecidos a través do Portal de forma contraria ás condicións que regulen o uso dun determinado servizo e/ou contido, e en prexuízo ou con menoscabo dos dereitos do resto de participantes.
  • Realizar calquera acción que impida ou dificulte o acceso ao sitio polos participantes, así como dos hipervínculos aos servizos e contidos ofrecidos por L.A.E. ou por terceiros a través do Portal.
  • Utilizar o Portal como vía de acceso a Internet para a comisión de accións ilícitas ou contrarias á lexislación vixente, a moral, os bos costumes e a orde pública.
  • Empregar calquera tipo de virus informático, código, software, programa informático, equipo informático ou de telecomunicacións, que poidan provocar danos ou alteracións non autorizadas dos contidos, programas ou sistemas accesibles a través dos servizos e contidos prestados no Portal ou nos sistemas de información, arquivos e equipos informáticos dos usuarios destes; ou o acceso non autorizado a calquera contido e/ou servizo do Portal.
  • Eliminar ou modificar de calquera maneira os dispositivos de protección ou identificación de L.A.E., ou os seus lexítimos titulares que poidan conter os contidos aloxados no Portal, ou os símbolos que L.A.E. ou os terceiros lexítimos titulares dos dereitos incorporen ás súas creacións obxecto de propiedade intelectual ou industrial existentes neste Portal.
  • Incluír en sitios web da súa responsabilidade ou propiedade "metatags" correspondentes a marcas, nomes comerciais ou signos distintivos propiedade de L.A.E. ou de terceiros.
  • Reproducir total ou parcialmente o Portal noutro sitio ou páxina web e sen cumprir as condicións previstas para iso.
  • Realizar enmarcados ao Portal ou ás páxinas web accesibles a través deste que oculten ou modifiquen -con carácter delimitativo pero non limitativo- contidos, espazos publicitarios e marcas de L.A.E. ou de terceiros, con independencia ou non de que supoñan actos de competencia desleal ou de confusión.
  • Crear marcos dentro dun sitio web da súa responsabilidade ou propiedade que reproduzan a páxina principal e/ou as páxinas accesibles a través desta, correspondentes ao Portal sen a previa autorización de L.A.E.

2. DEREITOS DE L.A.E.

L.A.E., resérvase os seguintes dereitos:

  • Modificar as condicións de acceso ao Portal, técnicas ou non, de forma unilateral e sen preaviso aos participantes, sen prexuízo do disposto nas condicións particulares que regulen o uso dun determinado servizo e/ou contido do Portal.
  • Establecer condicións particulares e, no seu caso, a esixencia dun prezo ou outros requisitos para o acceso a determinados servizos e/ou contidos.
  • Limitar, excluír ou condicionar o acceso dos usuarios cando non se dean todas as garantías de utilización correcta do Portal por estes conforme ás obrigas e prohibicións asumidas por eles.
  • Establecer limitacións ás contías e número das apostas, cargas de lotobolsa, descargas de lotobolsa por cada participante.
  • Finalizar a prestación dun servizo ou subministro dun contido, sen dereito a indemnización, cando este resulte ilícito ou contrario ás condicións establecidas para eles, sen prexuízo do disposto nas condicións particulares que regulen o uso dun determinado servizo e/ou contido do Portal.
  • Modificar unilateralmente e sen previo aviso, sempre que o considere oportuno, a estrutura e deseño do Portal, así como actualizar, modificar ou suprimir todo ou parte dos contidos ou servizos e condicións de acceso e/ou uso do Portal, podendo incluso limitar ou non permitir o acceso á dita información.
  • Denegar en calquera momento e sen necesidade de aviso previo o acceso ao Portal a aqueles participantes que incumpran estas condicións de uso.
  • Emprender calquera acción legal ou xudicial que resulte conveniente para a protección dos dereitos de L.A.E. así como de terceiros que presten os seus servizos ou contidos a través do Portal, sempre que resulte procedente.
  • Esixir a indemnización que puidera derivar polo uso indebido ou ilícito de todo ou parte dos servizos e contidos prestados a través do Portal.

3. EXENCIÓN E LIMITACIÓN DE RESPONSABILIDADE DE L.A.E.

L.A.E. queda exenta de calquera tipo de responsabilidade por danos e prexuízos de toda natureza nos seguintes casos:

  • Pola imposibilidade ou dificultade de conexión á rede de comunicacións a través da que resulta accesible este Portal, independentemente da clase de conexión utilizada polo usuario.
  • Pola interrupción, suspensión ou cancelación do acceso ao Portal, así como por dispoñibilidade e continuidade do funcionamento do Portal ou dos servizos e/ou contidos neste, cando iso se deba a unha causa allea ao ámbito de control de L.A.E. e/ou STL e proveña directa ou indirectamente desta.
  • L.A.E., non asume ningunha responsabilidade respecto dos servizos e contidos, nin pola dispoñibilidade e condicións, técnicas ou non, de acceso a estes, que sexan ofrecidos por terceiros prestadores de servizos, en especial respecto dos prestadores de servizos da sociedade da información.
  • L.A.E., en ningún momento, asume responsabilidade polos danos ou prexuízos que puideran causar a información, contidos, produtos e servizos -con carácter delimitativo pero non limitativo- prestados, comunicados, aloxados, transmitidos, exhibidos ou ofertados por terceiros alleos a L.A.E. -incluídos os prestadores de servizos a sociedade da información- a través dun Portal ao que poida accederse mediante un enlace existente neste Portal.
  • Do tratamento e utilización posterior de datos persoais realizados por terceiros alleos a L.A.E., así como a pertinencia da información solicitada por estes.
  • Da calidade e velocidade de acceso ao Portal e das condicións técnicas que debe reunir o usuario co fin de poder acceder ao Portal e aos seus servizos e/ou contidos.
  • L.A.E. non será responsable dos retrasos ou fallos que se produciran no acceso e/ou funcionamento dos servizos e/ou contidos do Portal, debido a un caso de Forza Maior.
  • O participante responderá persoalmente dos danos e prexuízos de calquera natureza causados a L.A.E., directa ou indirectamente, polo incumprimento de calquera das obrigas derivadas destas condicións xerais ou outras normas polas que se rixa a utilización do Portal.

4. GOOGLE ANALYTICS

Esta páxina web utiliza Google Analytics, un servizo analítico de web prestado por Google, Inc., unha compañía de Delaware na que a súa oficina principal está en 1600 Amphitheatre Parkway, Mountain View (California), CA 94043, Estados Unidos (“Google”). Google Analytics utiliza “cookies”, que son arquivos de texto situados no seu ordenador, para axudar ao website a analizar o uso que fan os usuarios do sitio web. A información que xera a cookie sobre o seu uso do website (incluíndo o seu enderezo IP) será directamente transmitida e arquivada por Google nos servidores de Estados Unidos. Google usará esta información pola conta nosa co propósito de seguir a pista do seu uso do website, recopilando informes da actividade do website e prestando outros servizos relacionados coa actividade do website e o uso de Internet. Google poderá transmitir a dita información a terceiros cando así llo requira a lexislación, ou cando os ditos terceiros procesen a información por conta de Google. Google non asociará o seu enderezo IP con ningún outro dato do que dispoña Google. Pode Vostede rexeitar o tratamento dos datos ou a información rexeitando o uso de cookies mediante a selección da configuración apropiada do seu navegador, nembargantes, debe Vostede saber que se o fai pode ser que non poida usar a plena funcionabilidade deste website. Ao utilizar este website Vsotede consente o tratamento de información sobre Vostede por Google na forma e para os fins arriba indicados

5. PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL.

O usuario coñece que os contidos e servizos ofrecidos a través do Portal -incluíndo textos, gráficos, imaxes, animacións, creacións musicais, vídeos, sons, debuxos, fotografías, todos os comentarios, exposicións, aplicacións informáticas, bases de datos e código html deste, sen que esta enumeración teña carácter limitativo- atópanse protexidos polas leis de propiedade intelectual. O dereito de autor e de explotación económica deste Portal corresponde a STL. En canto aos contidos incluídos no Portal os dereitos de autor e de explotación económica son propiedade de L.A.E. ou no seu caso, de terceiras entidades, e en ambos os dous casos atópanse protexidos polas leis vixentes de propiedade intelectual.

As marcas, nomes comerciais ou signos distintivos que aparecen no Portal son propiedade de L.A.E. e/ou STL, e atópanse protexidos polas leis vixentes de propiedade industrial.

A prestación dos servizos e publicación dos contidos a través do Portal non implicará en ningún caso a cesión, renuncia ou transmisión, total ou parcial, da titularidade dos correspondentes dereitos de propiedade intelectual e industrial.

Ningunha parte deste Portal pode ser reproducido, distribuído, transmitido, copiado, comunicado publicamente, transformado, en todo ou en parte mediante ningún sistema ou método manual, electrónico ou mecánico (incluíndo o fotocopiado, gravación ou calquera sistema de recuperación e almacenamento de información) a través de calquera soporte actualmente coñecido ou que se invente no futuro, sen consentimento de L.A.E. e/ou STL. A utilización, baixo calquera modalidade, de todo ou parte do contido do Portal queda suxeita á necesidade de solicitar autorización previa de L.A.E. e/ou STL, e a aceptación da correspondente licenza, no seu caso, excepto para o disposto respecto dos dereitos recoñecidos e concedidos ao usuario nestas condicións xerais ou o que así se determine nas condicións particulares que L.A.E. e/ou STL teña a ben establecer para regular o uso dun determinado servizo e/ou contido ofrecido a través do Portal. Baixo ningún concepto, o usuario poderá realizar un uso ou utilización dos servizos e contidos existentes na páxina que non sexa exclusivamente persoal, a salvo das excepcións determinadas nas presentes condicións de uso deste Portal ou nas condicións particulares que L.A.E. e/ou STL teña a ben establecer para regular o uso dun determinado servizo e/ou contido ofrecido a través do Portal.

Se a actuación ou omisión culpable ou neglixente directa ou indirectamente imputable ao Participante do Portal que orixine a infracción dos dereitos de propiedade intelectual e industrial de L.A.E. ou de terceiros -exista ou non beneficio para este- orixínase a L.A.E. danos, perdas, obrigas solidarias, gastos de calquera natureza, sancións, medidas coercitivas, multas e outras cantidades xurdidas ou derivadas de calquera reclamación, demanda, acción, pleito ou procedemento, sexa civil, penal ou administrativo, L.A.E. terá dereito a dirixirse contra o usuario por todos os medios legais ao seu alcance e reclamar calquera cantidade indemnizatoria, incluíndo -a título enunciativo e non limitativo- danos morais e imaxe, dano emerxente e lucro cesante, custos publicitarios ou de calquera outra índole que puideran resultar para a súa reparación, importes de sancións ou sentencias condenatorias, o dos xuros de demora, o custo do financiamento de ambas as dúas cantidades que puidera resultar para a parte contraria, as costas xudiciais e o importe da defensa en calquera proceso no que puidera resultar demandada polas causas anteriormente expostas, polos danos e prexuízos ocasionados por razón da súa actuación ou omisión, sen prexuízo de exercer calquera outra acción que en Dereito lle corresponda.

6. HIPERENLACES

As persoas ou entidades que pretendan realizar ou realicen un hiperenlace desde unha páxina web doutro portal de Internet a calquera das páxinas do Portal de L.A.E . deberán someterse ás seguintes condicións:

  • Non se permite a reprodución nin total nin parcial de ningún dos servizos nin contidos do Portal.
  • Non se establecerán deep-links, nin enlaces IMG ou de imaxe, nin frames coas páxinas do Portal sen a previa autorización expresa de L.A.E.
  • Non se incluirá ningunha manifestación falsa, inexacta ou incorrecta sobre as páxinas do Portal nin sobre os servizos ou contidos deste.
  • Agás aqueles signos que formen parte do "hiperenlace", a páxina web na que se estableza non conterá ningunha marca, nome comercial, rótulo de establecemento, denominación, logotipo, eslogan ou outros signos distintivos pertencentes a L.A.E., agás autorización expresa desta.
  • O establecemento do "hiperenlace" non implicará a existencia de ningún tipo de relación entre L.A.E. e o titular da páxina web ou do portal desde o cal se realice.
  • L.A.E.  non será responsable dos contidos ou servizos postos á disposición do público na páxina web ou portal desde o cal se realice o "hiperenlace" nin das informacións e manifestacións incluídas nestas.
  • Calquera "hiperenlace" ao Portal de L.A.E. efectuarase á súa páxina principal ou páxinas principais das seccións que contén.

7. ENLACES

L.A.E. rexeita calquera responsabilidade sobre a información contida en páxinas web de terceiros conectadas por enlaces co Portal de L.A.E. ou que non sexan xestionadas directamente polo noso administrador do Portal.

A función dos enlaces que aparecen neste Portal ten só finalidade informativa e en ningún caso supoñen unha suxestión, invitación ou recomendación para a visita dos lugares de destino.

Cando para utilizar algúns dos servizos do Portal, os participantes deban proporcionar previamente a L.A.E. certos datos de carácter persoal, L.A.E.  tratará tales datos coas finalidades, así como baixo as condicións definidas, na súa Política de Privacidade.

8. DURACIÓN E TERMINACIÓN

A prestación do servizo do Portal e dos demais servizos ten, en principio, unha duración indefinida. L.A.E., porén, está autorizada para dar por terminada ou suspender a prestación do servizo do Portal e/ou de calquera dos servizos en calquera momento, sen prexuízo do que se dispuxese ao respecto nas correspondentes Condicións Particulares. Cando iso sexa razonablemente posible, L.A.E. advirtirá previamente a terminación ou suspensión da prestación do servizo de Portal e dos demais servizos.

9. NULIDADE E ANULABILIDADE

No suposto de que calquera cláusula destas condicións xerais ou, no seu caso, condicións particulares que regulen o uso dun determinado servizo e/ou contido resulte anulable ou nula, na súa totalidade ou en parte, esta nulidade ou anulabilidade non afectará á validez doutras cláusulas destas, as cales permanecerán con plena eficacia e validez, agás que a parte que alegue a súa nulidade ou anulabilidade probe que sen a cláusula que resultase nula ou anulable non puiderán cumprirse os fins perseguidos polas presentes Condicións.

10. LEXISLACIÓN APLICABLE E XURISDICIÓN.

As presentes condicións xerais rexiranse pola lexislación española. As partes, con expresa renuncia ao seu propio foro, sométense para a resolución de cantos litixios puideran derivarse aos Xulgados e Tribunais de Madrid Capital.