Resto de datos persoais solicitados

Os teus datos persoais son necesarios segundo establece a Ley 13/2011, de 27 de mayo, de Regulación del Juego.

O resto de datos que tes que completar son os seguintes:

Segundo paso: 

  1. Correo electrónico: introduce o correo que desexes empregar para identificarte na páxina web e para que podamos poñernos en contacto contigo dende o Centro de Atención de Usuarios, así como para recibi-las notificacións de premios e novas interesantes procedentes desta páxina web.
  2. Contrasinal: será o contrasinal empregado para o teu acceso como usuario á páxina web. Lémbrao e non o entregues a ninguén. O contrasinal terá un mínimo de 8 caracteres; non se pode emprega-lo nome de usuario como contrasinal; deben mesturarse letras maiúsculas, minúsculas e números; e soamente permítense algúns caracteres especiais.
  3. Pregunta segreda:  é a pregunta que faríamosche no caso de que te poñas en contacto connosco para confirma-la túa identidade. Debes escribi-la pregunta segreda que desexes, e podes incluír espazos e signos de interrogación.
  4. Resposta segreda:  é a resposta dada á pregunta anterior e que terás que contestar cando te fagamos a pregunta segreda en caso de que te poñas en contacto connosco. Domicilio: o teu enderezo, necesario segundo a mencionada Ley 13/2011, de 27 de mayo, de Regulación del Juego.
  5. País de residencia: País no que resides, necesario segundo a Lei de ordenación do xogo.
  6. Enderezo: O teu enderezo, necesario segundo a Lei de ordenación do xogo .
  7. Código postal: mesma razón que enderezo.
  8. Rexión fiscal: a rexión española na que resides para os efectos do pago de impostos, xa que os premios obtidos na web están suxeitos a fiscalización.
  9. Nacionalidade: por defecto, aparece "España", pero aínda poderá modificarse cando o NIF/NIE corresponda a un estranxeiro instalado en España. Este apartado non se poderá modificar.
  10. Teléfono: O teu teléfono, opcional segundo a Lei de ordenación do xogo .
  11. Número de conta bancaria: A conta na que desexas que ingresemos os teus premios e o saldo da lotobolsa que desexes reembolsar. 
  12. Punto de venda asociado: é obrigatorio cubrir este apartado onde aparece o código do teu punto de venda favorito. Para seleccionar este punto de venda podes introducir o código de forma manual, se o coñeces, ou indicar o seu código postal. Nese caso deberás facer clic no enlace "Seleccionar o punto de venda", onde che aparecerán os puntos de venda da zona que pertenzan a ese código postal. O código do receptor marcado será automaticamente cuberto. 
  13. Consideracións legais: Debes aceptar o contrato de xogo para poder rexistrarte no noso sitio web.
  14. Servizos adicionais: decide que servizos adicionais se engaden ás notificacións relacionadas co xogo en liña que desexas recibir do noso sitio web.

Unha vez indicados tódolos campos, preme "CREAR CONTA" para valida-los datos e confirma-lo teu rexistro no Portal.

SELAE tratará os seus datos coa finalidade exclusiva de lle proporcionar os servizos e cumprir coa normativa de protección de datos persoais. Pode consultar a información adicional e detallada sobre protección de datos na sección de Tratamento de Datos Persoais do Contrato de Xogo vixente, dispoñible na sección Normativa do Centro de Axuda. Devanditos datos non serán nunca entregados a terceiros, excepto aqueles precisos e obrigados por lei para a Agencia Tributaria no caso de pagamento de premios.