Quinielas reducidas: maximiza as túas posibilidades

Sabes como se xoga a La Quiniela polo método reducido? Explicámosche os detalles neste video 

As quinielas reducidas permiten optimizar a relación probabilidade-prezo, cando se empregan prognósticos múltiples nun ou varios partidos. Aquí ofrecémosche un pequeno manual para a túa comprensión e utilización.

Como funcionan, en xeral, as apostas múltiples?
Se nunha Quiniela asignamos un valor múltiple a un partido, estamos xogando múltiples apostas. Para entendelo, imaxinemos unha quiniela só con 3 partidos, a un dos cales lle asignamos un valor múltiple, neste caso un dobre 1-X:

Quiniela dobre

Esta quiniela, en realidade, son dúas apostas simples distintas:

Quiniela dobre despregada

Onde cada bloque corresponde a unha aposta simple. Se puxésemos un triplo, é dicir, un 1, unha X e un 2 no partido 3, xogariamos 3 apostas e teriamos 3 bloques. Este sería o resultado:

Quiniela triplo despregada

Imaxinemos que a nosa aposta foi cun triplo no partido 3 e que o resultado final de todos os partidos foi un 1:

  • Na aposta do bloque 1 teriamos 3 acertos
  • Na aposta do bloque 2 teriamos 2 acertos
  • Na aposta do bloque 3 teriamos 2 acertos

 

Como funcionan os prognósticos múltiples en modalidade reducida?

Vexamos agora como funciona unha das reducidas autorizadas, a reducida primeira. A reducida primeira é un prognóstico múltiple no que incorporamos 4 triplos. Estes 4 triplos desenvolvidos dan lugar a 81 apostas simples. A redución consiste en que se seleccionan e xogan, metodicamente, 9 das 81 apostas totais.

Nun prognóstico múltiple, se marcamos 4 triplos, estaremos xogando 3 x 3 x 3 x 3 = 81 apostas. O custo da devandita quiniela sería igual a 81 x 0,75 € = 60,75 €.

Porén, se marcamos eses 4 triplos pero dicímoslle ao sistema que queremos xogalos en modalidade reducida, só xogaremos 9 das posibles 81 apostas. O custo da devandita quiniela será de 9 x 0,75 € = 6,75 €.

Agora ben:

Por que só 9 das 81? O sistema selecciona aquelas 9 que nos garanten o máximo número de acertos posibles. Nun suposto de resultar todos os partidos coincidentes co noso prognóstico, as 9 apostas seleccionadas garántennos:

  • 11,11% de ter 1 aposta con 14 acertos.
  • 100% de ter 1 aposta con 13 acertos.

Cales son as devanditas 9 apostas? O desenvolvemento das apostas da redución primeira é o seguinte:

Isto significa que hai 72 apostas ou combinacións posibles que NON xogamos. Por exemplo, a combinación cun 2 nos catro partidos, non a xogamos e, polo tanto, se o resultado final dos partidos fóra todos un 2, non teriamos os 4 acertos. Porén, o bloque 3 permitiríanos acertar 3.

Onde está entón a vantaxe? Non é unha cuestión de vantaxe ou desvantaxe, é unha cuestión de probabilidade matemática. 4 triplos son 81 apostas e custan 60,75 Euros. Se se xogan de xeito múltiple directo, sen reducir, e se obteñen 14 acertos, tense un 100% de probabilidades de xogar a aposta que contén a combinación gañadora. Xogáronse o 100% das apostas e pagáronse todas e cada unha delas. Porén, mediante o método reducido, das 81 apostas escóllense 9, que son as que garanten o maior número de combinacións gañadoras de 14 e 13, sempre que se acerten todos os resultados, e a un custo moito menor. No caso dos 4 triplos reducidos, o prezo é de 6,75 no canto de 60,75 €. En consecuencia, para 14 acertos só existe o 11,11% de que unha das 9 apostas conteña os 14, pero un 100% de que conteña 13 deles.

Por que estas apostas e non outras? As reducións autorizadas e os grupos de prognósticos válidos están regulados na Resolución do 6 de xullo de 2009, de Loterías y Apuestas del Estado, pola que se aproban as normas que teñen que rexer os concursos de prognósticos da Apuesta Deportiva a partir da primeira xornada da tempada 2009-2010. Esta normativa foi publicada o 23 de xullo de 2009 e pode atoparse integramente aquí.

Cantos tipos de reducións existen? Na devandita normativa pódense ver os 6 tipos de reducións autorizadas e o desenvolvemento completo das apostas que se xogan en cada unha delas. He aquí un pequeno resumo:

  • Redución 1: 4 triplos, 9 apostas, 6,75 €
  • Redución 2: 7 dobres, 16 apostas, 12 €
  • Redución 3: 3 dobres + 3 triplos, 24 apostas, 18 €
  • Redución 4: 2 triplos + 6 dobres, 64 apostas, 48 €
  • Redución 5: 8 triplos, 81 apostas, 60,75 €
  • Redución 6: 11 dobres, 132 apostas, 99 €

En calquera caso, a interface de xogo de La Quiniela en loteriasyapuestas.es indicarache as reducións dispoñibles e asistirate no proceso de enchido do boleto.