Canal Lae, a maior canle de marketing dinámico de toda Europa leva a innovación e a tecnoloxía ao punto de venda.
O Canal Lae funciona en España desde 2008. A través das 8.500 pantallas situadas nos máis de 11.000 puntos de venda da rede comercial de Loterías y Apuestas del Estado son difundidos contidos corporativos de Loterías (próximos xogos, botes especiais, resultados de sorteos, etc.), facendo posible dar unha imaxe máis próxima, transparente, fiable e innovadora dos xogos de azar, así como promocións doutras compañías ou información de interese público.
93% dos puntos básicos e 70% dos puntos mixtos teñen instalada unha pantalla do Canal Lae. Este novo concepto de Digital Signage ou marketing dinámico é de grande aplicación dentro do mundo do retail, xa que ofrece vantaxes como a gran facilidade de segmentar o público a quen é destinada a mensaxe desexada, a grande efectividade polo alto número de impactos (máis de 18 millóns de persoas á semana) ou o aforro en carteis.
O Canal Lae xorde da conxunción de varias tecnoloxías: pantallas, comunicacións e elementos de hardware e software multimedia que hoxe en día permiten xerar contidos de forma rápida e accesible, diferenciándose doutros sistemas parecidos no control da emisión, a auditoría e a xestión remota de todos os elementos hardware que o compón, comunicadas a través de liñas IP cos sistemas centrais da SELAE. Esta mesma plataforma está preparada para tratar todos os tipos de contidos multimedia actualmente en uso e tamén inclúe a posibilidade de futuros formatos.
Como produto, esixe a aplicación de técnicas multidisciplinares, propias do mundo do cinema ou a TV comercial, que abarcan desde o deseño creativo ata a especialización en sistemas e comunicacións. Ao mesmo tempo, une as virtudes de tres dos medios de comunicación máis relevantes: televisión, publicidade exterior e o que se realiza no propio punto de venda, ofrecendo unha resposta máis rápida ás demandas do mercado.
Alén de cumprir a función de informar e entreter, o Canal Lae é un soporte moi eficiente para realizar accións de 'Branding', xa que capta o público en momentos de alta dispoñibilidade, obtén rápidos resultados en termos de impacto e é un medio idóneo para reforzar a notoriedade e a imaxe de marca no punto de venda. O último estudo xeral de medios (EXM) avala o éxito do Canal Lae como soporte de referencia, ao atinxir os 2 millóns de espectadores diarios.
O devandito éxito vén referendado pola versatilidade das súas funcionalidades, unha das características de Canal Lae, que permite, por exemplo:
O Canal Lae está desenvolvido por un grupo especializado dentro da SELAE, que se ocupa de todo o proceso da canle: desde a súa entrada en funcionamento, preparación de contidos, envío e control da difusión, ata todo o control loxístico de soporte e mantemento que implica unha rede destas dimensións.