Curiosidades sobre o sorteo

Neste canto de curiosidades coñecerá todos aqueles datos, feitos ou conceptos que chamarán a súa atención. Porque o Sorteo de Nadal tamén ten a súa parte anecdótica.

 

Curiosidades

Para todos aqueles que queiran coñecer todos os feitos curiosos relacionados co Sorteo de Nadal, aquí atoparán todas as respostas.

  • As orixes da Lotería Nacional datan do 18 de decembro de 1812.
  • Non foi ata 1892 cando comezou a se denominar “Sorteo de Nadal”. Pero desde 1812 víñase celebrando sorteo navideño nesas datas.
  • Aínda que foi en 1897 cando se incluíu nos décimos o título “Sorteo de Nadal”.
  • Ata 2009 celebráronse 198 sorteos.
  • O primeiro sorteo en euros foi no ano 2002. O sorteo durou 9 minutos menos, xa que os nenos de San Ildefonso demoran menos para cantar “1.000 euros” do que para cantar o antigo “150.000 pesetas”.
  • O primeiro premio máis madrugador deuse no 2004. E é que ás 9:15 da mañá, trece minutos despois do comezo, o número 54.600 sorprendeu a todos ao ser o “Gordo” dese año, cando só se levaban cantadas 39 bólas do segundo arame da primeira táboa.
  • A terminación máis repetida no primeiro premio foi o 5, que saíu en 32 ocasións; séguenlle o 4 e o 6, con 26 ocasións cada un.
  • Pola contra, o 1 é a terminación menos agraciada, xa que só saíu en 8 ocasións.
  • O chan da sala está forrado de moqueta; deste xeito, no caso de que caise unha bóla, non rodaría.
  • O Sorteo de Nadal leva celebrándose ininterrumpidamente desde 1812. Non se cancelou nunca, nen sequera con motivo da Guerra Civil española.

 

Sorteo Nadal

 

 

  • No 1959 había só 8 series, no 2009 hai 195.
  • Os décimos comenzan a venderse no mes de xullo, con bastante anticipación.
  • Tradicionalmente, este sorteo marca o inicio do Nadal en España.

 

Desenvolvemento do sorteo

Aínda que o desenvolvemento do sorteo é unha tradición que se repite ano tras ano, pode que descoñeza algunhas das peculiaridades que acontecen antes, durante ou despois do sorteo. O Sorteo de Nadal consta de catro fases, que son sempre as mesmas:

a) Reconto de bólas: O día 21 de decembro, o día antes da celebración do sorteo, examínanse e lévase a cabo o reconto público das bólas cos números e premios que van se empregar para efectuar o Sorteo de Nadal.
Tras finalizar desalóxase o salón e asegúranse con ferrollos interiores todos os seus accesos. As chaves quedan en poder de tres claveiros diferentes.

b) Celebración do sorteo: O salón abre ás 8:00 horas do día 22 de decembro, permítese a entrada aos espectadores ata completar o aforamento. 
Ás 8,30 horas constitúese a mesa que preside e autoriza o sorteo.
As bólas, previa autorización do Presidente, poderán ser comprobadas polos asistentes que así o soliciten. A seguir, as bólas transpórtanse mecanicamente na moega, onde foron depositadas previamente, ata o bombo.
Esta operación efectúase tanto coas bólas de números coma coas de premios. Por último, péchanse os bombos e, logo dun sinal do Presidente, voltéanse simultaneamente.

Sorteo Nadal bombos

Un neno/a do Colexio de San Ildefonso extrae unha bóla do bombo de números mentres que outro neno, ao mesmo tempo, fai o propio cunha de premios e cantan os números a un tempo, mentres insertan as bólas nos arames da táboa.
Estes arames agrúpanse nunha táboa ata conter duascentas bólas de cada clase. Cando se completa unha táboa, péchase diante da mesa da presidencia, coa conformidade do Presidente e do Interventor.
O Sorteo de Nadal finaliza cando non queda ningunha bóla no bombo dos premios.

c) Lista de premios: Un equipo anónimo formado por máis de corenta persoas fai posible a obtención da lista de premios do sorteo e das poboacións agraciadas mediante un proceso informático controlado en todos os seus extremos.
Deste xeito, aproximadamente corenta e cinco minutos despois de rematado o sorteo, e unha vez comprobado, envíase o ficheiro de números e premios á Fábrica Nacional de Moeda e Timbre, que se encarga de imprimir a lista oficial.
A devandita lista edítase e distribúese a mesma tarde do día 22 ás administracións de lotarías e aos medios de comunicación.

d) Epílogo do sorteo: 
As táboas dos números premiados expóñense durante sete días ao público.
Despois ábrense, cóntanse e examínanse as bólas novamente, e déixanse listas para outro sorteo.

 

LotoAbecedario

  • ARAME: Fío de metal situado nas táboas onde se van colocando as bólas dos números e dos premios.
  • BILLETE: Coincide coa serie para un número determinado. Este sorteo consta de 195 series, é dicir, de cada número emítense 195 billetes.
  • BÓLAS: Hai dous tipos ben diferenciados de bólas, as de números, que son 85.000, e as 1.787 correspondentes aos premios. Todas están feitas de madeira de buxo, teñen o mesmo peso e tamaño (3 gramos e 18,8 mm) e levan gravados os números e letras con láser.
  • BOMBOS: O Sorteo de Nadal celébrase polo sistema tradicional no que se empregan dous bombos, un para premios e outro para números.

 

Bombos Nadal
  • CLAVEIROS: Persoas encargadas de precintar o salón de sorteos a noite anterior á celebración do sorteo. Son tres persoas, cada unha delas cunha chave distinta.
  • COPA: Recipiente de cristal onde se depositan as bólas que extraen os nenos e nenas do Colexio de San Ildefonso antes de cantalas. Se por error se extraesen dúas bólas á vez quedarán unha por riba da outra; neste caso cantarase sempre primeiro a que estea por baixo.
  • DÉCIMO: Décima parte dun billete.
  • GORDO: Nome popular co que se coñece ao primeiro premio do Sorteo de Nadal.
  • LIRAS: Expositor no que se recollen as bólas ordenadas para facilitar a súa comprobación. En total hai 170 liras, cada unha das cales contén 500 bólas.
  • SERIE: Conxunto formado por un billete de cada número que participa no sorteo. É dicir, cada serie consta de 85.000 billetes.
  • TÁBOA: É onde se insiren as bólas unha vez cantadas e por orde de saída, tanto de premios coma de números. Cada táboa consta de 200 bólas de cada clase, dispostas en 10 arames cada un dos cales contén 20 bólas de premios e 20 de números.
  • MOEGA: Recipiente transparente que se emprega para trasladar as bólas das liras ata os bombos.
  • TROMPETA: Por onde se deslizan as bólas, tanto de premios coma de números, para ir depositarse na copa.

Supersticións

As supersticións baséanse en tradicións ou historias populares que forman parte da cultura da sociedade. Por iso non é raro que, para xogar ao Sorteo de Nadal, exista unha grande variedade delas. E é que todos, nalgunha ocasión, tivemos unha superstición. Tal vez poida recoñecer a súa entre algunha destas:

  • Os usuarios adoitan mercar números que teñan algunha relación con datas importantes da súa vida. Pode ser un aniversario (propio, dos fillos, do cónxuxe, …), unha data de casamento, algún outro aniversario ou a creación do seu club de fútbol favorito.
  • Nalgunhas ocasións, se unha cifra, decena ou número nos trouxo sorte en sorteos anteriores, volvemos mercalo. Tampouco podemos esquecer aos abonados, que compran durante moitos anos o mesmo número; algúns cren que se deixan de compralo, tocará.
  • Algúns costumes din que para gañar a lotaría hai que entrar co esquerdo na administración ou no despacho onde vaia adquirise o décimo.
  • Os máis supersticiosos queren que o loteiro lles déa o boleto que mercan coa man dereita.
  • Algúns tamén cren que cando hai unha grande fila de xente agardando, cómpre se situar á esquerda da entrada os días impares, e á dereita os días pares para ter mellor sorte ao comprar o décimo.
  • Algúns comentan que se se pasa o décimo polo lombo dun gato negro, as posibilidades de ter sorte con ese décimo aumentan.
  • Outros, pola contra, din que para gañar o “Gordo” débese fregar o décimo na espalda dun corcovado ou no ventre dunha muller embarazada.
  • Os que confían na sorte das meigas, pasan o décimo pola figura destas porque din que tamén aumenta a súa sorte.
  • Algúns supersticiosos tamén cren que se lles cae un vaso ou un plato das mans o día antes da celebración do sorteo, serán máis afortunados.
  • Outro dos sinais que moitos interpretan como símbolo de sorte no Sorteo de Nadal é soñar cun touro. Unha versión di que soñar cun touro negro a noite antes do sorteo indica que o número gañador será de catro cifras. A outra sinala que soñar cun touro indica que, se levamos un décimo, tocaranos a lotaría.
  • As zonas que sufriron desastres naturais, accidentes ou atentados aumentan o seu número de vendas porque a xente cre que logo da desgracia a boa sorte compensaraos.
  • As datas históricas ou especiais de cada ano adoitan atraer a moitos xogadores. Por exemplo, no 2001 demandouse moito o 11901 (data dos atentados contra as Torres Xemelgas), no 2004 a moda foi o 22504 (data do casamento dos Príncipes de Asturias), o 22106 causou furor no 2006 (data do segundo título de Fernando Alonso), e este ano os números 02016 (debido á candidatura de Madrid ás Olimpíadas) e 01918 (data da gripe española) son algúns dos que máis chaman a atención dos compradores.
  • Tamén se di que este sorteo é o da “lotaría da saúde” porque o que compra un décimo e non lle toca nada, polo menos terá boa saúde.
  • Cando un ano toca o "Gordo" nunha administración ou establecemento, o ano seguinte a xente vai comprar a ese lugar masivamente, pensando que a sorte se repetirá dúas veces.

E vostede, ten algunha destas supersticións? Coñece outras distintas? Imaxina a alguén levando a cabo todas estas supersticións a un tempo? Anímese e cóntenos as súas aquí mesmo ou na nosa páxina oficial de Facebook.

 

O Test do Nadal

Acceda aquí ao Test da Lotaría de Nadal e comprobe canto sabe.