Política de verificación da identidade do participante

En cumprimento da Lei 13/2011, do 27 de maio, de regulación do xogo, e dos regulamentos que a desenvolven, a Sociedad Estatal de Loterías del Estado aplica unha estrita política de verificación da identidade dos participantes nos seus xogos a través de loteriasyapuestas.es. Todo participante debe facilitarnos uns datos persoais (nome e apelidos, NIF/NIE, e data de nacemento) verídicos e correspondentes a un maior de idade. A identidade e maioría de idade do participante será comprobada en liña mediante unha conexión segura co organismo regulador competente en materia de xogo. Con esta finalidade, os datos no teu rexistro de usuario deben coincidir con total precisión cos que figuran no teu documento nacional de identidade, ou na túa tarxeta de identificación de estranxeiro, da seguinte maneira:

  • NOME, PRIMEIRO APELIDO, SEGUNDO APELIDO, NIF/NIE e DATA DE NACEMENTO deben coincidir exactamente cos datos que aparecen no teu DNI ou tarxeta de identificación de estranxeiro
  • Dá igual usar maiúsculas ou minúsculas, o sistema non as distingue
  • Se no teu perfil indicaches un NIF/NIE que non che correspondía, agora xa o podes corrixir axeitadamente. Lembra non incluír guións nin espazos
  • Se no teu documento de identidade figura un segundo apelido, debes incluílo como parte do teu perfil. Se non é así, debes deixalo en branco
  • Se tes nome ou apelidos compostos, fíxate en utilizar só os espazos de separación xustos, e en incluír os guións que correspondan segundo o teu documento de identidade
  • Abreviaturas do tipo 'Mª José', 'J.Ramón', 'Fco. Javier', etcétera, só se poden utilizar se así figuran no teu documento de identidade, do contrario ocasionarán erros

Mentres a túa identidade non poida ser comprobada, o teu rexistro de usuario permanecerá en estado IDENTIDADE NON VERIFICADA, e poderán aplicarse as restricións que procedan segundo o que se establece no teu contrato de xogo.