Certificados e entidades certificadoras de confianza
A Fábrica Nacional de Moeda e Timbre - Real Casa da Moeda (FNMT) é a entidade emisora dos certificados dixitais que se empregan na web de L.A.E., polo que cómpre ter instalado o certificado desta institución como entidade certificadora na que se confía.
PASO 1
Para iso, preme a seguinte ligazón para gardar o ficheiro co certificado da FNMT nun directorio local do teu ordenador (o nome por defecto é "FNMTClase2CA.cer").
https://www.sede.fnmt.gob.es/descargas/certificados-raiz-de-la-fnmt Unha vez descargado, deberás instalalo no teu navegador. Aquí tes os pasos necesarios a realizar segundo o navegador que utilices:
PASO 2
(Segue as instrucións do apartado correspondente ao explorador que esteas utilizando).
Internet Explorer
- Menú principal -> Ferramentas -> Opcións da Internet.
- Na fiestra que se abrirá, busca o separador "Contido" -> botón "Certificados".
- Ábrese outra fiestra, busca o separador "Entidades emisoras raíz de confianza" -> botón "Importar". Abrirase o asistente para a importación de certificados -> Seguinte.
- Selecciona o ficheiro que descargaches ao teu ordenador no primeiro paso desta axuda (se deixaches o nome por defecto, o ficheiro chamarase "FNMTClase2CA.cer").
- Presiona Abrir -> Seguinte -> Seguinte -> Finalizar -> "Si" á pregunta sobre instalar o certificado.
- Por último, pecha todas as fiestras do navegador e accede de novo a www.loteriasyapuestas.es
Mozilla Firefox
- Menú principal -> Ferramentas -> Opcións.
- Na fiestra que se abrirá, busca o separador "Avanzado" -> dentro do separador "Cifrado" -> botón "Ver certificados".
- Ábrese outra fiestra, busca o separador "Autoridades" -> botón "Importar".
- Selecciona o ficheiro que descargaches ao teu ordenador no primeiro paso desta axuda (se deixaches o nome por defecto, o ficheiro chamarase "FNMTClase2CA.cer".
- Presiona "Abrir" -> marca "Confiar nesta CA para identificar sitios web" -> "Aceptar".
- Por último, pecha todas as fiestras do navegador e accede de novo a www.loteriasyapuestas.es
Mozilla e Netscape
- Menú principal -> Editar -> Preferencias.
- Na fiestra que se abrirá, busca o separador "Privacidade e seguridade" -> botón "Certificado" -> "Xestionar certificados".
- Ábrese outra fiestra, busca o separador "Autoridades" -> botón "Importar".
- Selecciona o ficheiro que descargaches ao teu ordenador no primeiro paso desta axuda (se deixaches o nome por defecto, o ficheiro chamarase "FNMTClase2CA.cer", e importa o certificado.
- Por último, pecha todas as fiestras do navegador e accede de novo a www.loteriasyapuestas.es
Opera
- Menú principal -> Arquivo -> Opcións.
- Na fiestra que se abrirá, busca o separador "Redes" -> "Seguridade".
- Botón "Administrar certificados" -> Abrirase a fiestra de administración de certificados.
- Separador Autoridades -> Importar.
- Importa o certificado e, se cumprise, marca o recadro "Permitir conexións a sitios que usen este certificado" e acepta.
- Por último, pecha todas as fiestras do navegador e accede de novo a www.loteriasyapuestas.es
Safari
- En Safari, accede no apartado "Edición" -> a "Preferencias".
- No separador "Avanzado" preme o botón "Cambiar axustes".
- Abrirase unha nova fiestra, selecciona o separador "Contido" -> preme o botón "Certificados".
- Na nova fiestra de certificados busca o separador "Entidades emisoras raíz de confianza" -> preme o botón "Importar".
- Aparecerá o asistente para a importación de certificados, preme en "Seguinte" -> "Examinar".
- Selecciona o ficheiro que descargaches neste ordenador no primeiro paso da axuda (se gardaches o nome por defecto, o arquivo chamarase "FNMTClase2CA").
- Pulsa "Abrir" > "Seguinte" -> Selecciona a opción "Colocar todos os certificados no seguinte almacén" (aparecerá o nome do almacén "Entidades emisoras raíz de confianza", que seleccionamos ao principio).
- Fai clic en "Seguinte" -> "Finalizar",
- Xa tes o certificado instalado, pecha todas as fiestras do explorador e accede a www.loteriasyapuestas.es
(*Indicacións para a versión 3 de Safari. Non hai compatibilidade coa versión 4, desculpade os inconvenientes)
Google Chrome
- Opcións de Google Chrome -> Avanzadas -> Seguridade -> Xestionar certificados.
- Abrirase unha nova fiestra chamada "Certificados", busca o separador "Entidades emisoras raíz de confianza" -> preme o botón "Importar".
- Aparecerache unha mensaxe que indica "Este é o asistente para importación de certificados", preme "Seguinte", aparecerache a indicación "Arquivo para importar", preme o botón "Examinar".
- Selecciona o ficheiro que descargaches ao teu ordenador no primeiro paso desta axuda (se gardaches o nome por defecto, o ficheiro chamarase "FNMTClase2CA").
- Pulsa "Abrir" -> Fai clic en "Seguinte" -> Selecciona a opción "Colocar todos os certificados no seguinte almacén" (aparecerá seleccionado o almacén "Entidades emisoras raíz de confianza", que seleccionamos ao principio).
- Pulsa "Seguinte"- > Preme o botón "Finalizar".
- O certificado instalouse con éxito. Pecha todas as páxinas do teu explorador e accede a www.loteriasyapuestas.es
Para calquera outro navegador o procedemento é o mesmo: