Configura HTTP 1.1 no Internet Explorer

Se es usuario de Internet Explorer e estás a ter problemas á hora de navegar pola web porque che aparecen erros na páxina, é posible que se deba a que estás navegando utilizando un protocolo HTTP inferior á versión 1.1.

Para tratar de solucionar este problema, desde loteriasyapuestas.es recomendámosche que procedas a habilitar o protocolo HTTP 1.1 seguindo os seguintes pasos:

  1. No menú principal, preme "Ferramentas" e accede a "Opcións da Internet".
  2. O navegador abrirache unha nova fiestra na que deberás premer o separador "Opcións avanzadas".
  3. Baixo o epígrafe "Configuración de HTTP 1.1", debes marcar as opcións "Usar HTTP 1.1" e "Usar HTTP 1.1 en conexións proxy" se é este o teu caso.
  4. Unha vez marcadas as devanditas opcións, preme o botón de aceptar. Por último, pecha todas as fiestras do navegador e accede de novo a www.loteriasyapuestas.es.

Podes verificar que no teu navegador ocorre este problema se aparecen erros na páxina aínda que non impiden a navegación.