Perfil
Neste apartado poderás visualizar e muda-los teus datos persoais cando o desexes. Os únicos apartados que non poderás modificar son o teu nome e apelidos, o DNI/NIE, a nacionalidade e a túa data de nacemento.
Tamén podes visualiza-lo estado actual dos datos da túa Conta de usuario. O estado destes datos afecta en todo momento á túa capacidade para participar nos nosos xogos a través desta páxina web e/ou cobra-los posibles premios, así como ás operacións que podes realizar sobre a túa conta de usuario.
- Datos verificados: o teu rexistro de usuario atópase en orde. Superastes correctamente os procesos de verificación de identidade establecidos polo organismo competente e tódalas condicións establecidas no teu Contrato de Xogo. Podes operar normalmente en loteriasyapuestas.es.
- Identidade non verificada: non puidemos comprobar co organismo competente que os teus datos persoais sexan correctos e correspondentes a unha persoa maior de idade. Isto pode deberse a diferenzas entre os datos que nos proporcionastes e os que figuran no teu DNI ou Cartón de Identificación de Estranxeiro, ou simplemente a problemas técnicos. SELAE está obrigada a que superes esta verificación para poder participar nos nosos xogos a través desta páxina web. Consulta a nosa axuda especial para estes casos , ou ponte en contacto connosco se necesitas axuda.
- Prohibición subxectiva: a túa identificación persoal é correcta pero, de acordo co organismo regulador competente, incorres nunha das causas de prohibición subxectiva de acceso ao xogo contempladas na Ley 13/2011, de 27 de mayo, de Regulación del Juego. Esta situación adoita darse se ti ou un dos teus familiares de primeiro grao está vinculado dalgunha maneira con SELAE, ou se estás inscrito no Registro General de Interdicciones de Acceso al Juego (RGIAJ), xestionado polo organismo regulador competente en materia de xogo. De acordo coa normativa vixente, así como co Contrato de Xogo por ti subscrito, vémonos obrigados a restrinxi-la túa operativa en loteriasyapuestas.es; entre outras cousas, non poderás realizar apostas nin recibir premios. Se cres que isto é a causa dun erro, ou que xa non te atopas arestora en ningunha das citadas situacións, por favor ponte en contacto connosco.
Lembrámosche que calquera dato erróneo provocará dificultades á hora de cobrar un premio, polo que recomendámosche que te asegures de que os datos que figuran no teu perfil son os correctos. Así e todo lembrámoste que calquera uso fraudulento desencadeará as medidas legais oportunas por parte de SELAE.
SELAE garante a privacidade dos teus datos de acordo á Ley Orgánica 15/1999, de 13 de diciembre, de protección de datos de carácter personal y su normativa complementaria.