Datos persoais

 

Os teus datos persoais son necesarios segundo establece a Ley 13/2011, de 27 de mayo, de Regulación del Juego.

Os datos solicitados que tes que completar son os seguintes:

Primeiro paso:

Tratamento: elixe entre Señor (Sr.) ou Señora (Sra.).
Primeiro apelido: tal e como aparece no teu DNI.
Segundo apelido: tal e como aparece no teu DNI.
Nome: tal e como aparece no teu DNI.
Data de nacemento: tal e como aparece no teu DNI.
NIF/NIE: introduce a numeración do teu Documento de Identificación.
Texto da imaxe: terás que teclea-los caracteres que aparecen na imaxe. Esta proba é unha defensa contra os ataques de robots de xeración de contrasinais. Unha das moitas medidas de seguridade que ten a nosa páxina web.

Este apartado non se pode mudar, por iso é tan importante que comprobes que os datos que introduces ao rexistrarche son correctos.

Calquera dato erróneo provocará dificultades á hora de cobrar un premio, polo que recomendámosche que te asegures de que os datos introducidos son correctos. Así mesmo, lembrámosche que calquera uso fraudulento desencadeará as medidas legais oportunas por parte de SELAE.

SELAE garante a privacidade dos teus datos persoais de acordo coa Ley Orgánica 15/1999, de 13 de diciembre, de protección de datos de carácter personal y su normativa complementaria.