Último acceso: Sesión: - Último acceso:

Como xogar a El Gordo de La Primitiva

Cada aposta de El Gordo de La Primitiva consiste en seleccionar 5 números dunha táboa de 54 (números do 1 ao 54) e un máis (número crave) dunha táboa de 10 (do 0 ao 9). Nel Gordo destínase o 55% da recadación a premios.

  • Para participar soamente tes que:

1.- Elixi-la combinación de 5 números e número crave que desexas xogar ou deixar que o sistema che ofreza unha aleatoria.

2.- Podes xogar até 6 combinacións de 5 números e número clave (apostas sinxelas de varios bloques) dunha soa vez ou unha combinación de máis números (por exemplo 6 números que corresponde a 6 apostas, ou 7 números que corresponde a 21 apostas).

3.- Engadi-la combinación ou combinacións desexadas á túa compra.

4.- Continuar e decidir se queres realiza-la mesma compra en semanas sucesivas ou non.

5.- Revisar tódalas opcións e xogar.

As probabilidades aproximadas de acertar no Gordo da Primitiva son as seguintes:

Categoría

  Posibilidades aproximadas de acertar

1ª (5+1)

1 entre 31.625.100

2ª (5+0)

1 entre 3.513.900

3ª (4+1)

1 entre 129.082

4ª (4+0)

1 entre 14.342

5ª (3+1)

1 entre 2.689

6ª (3+0)

1 entre 299

7ª (2+1)

1 entre 172

8ª (2+0)

1 entre 19

Reintegro

1 entre 10