Sesión:
-
Último acceso:
Para cargar a túa lotobolsa usando unha tarxeta bancaria, autentícate no sistema co teu usuario ou NIF/NIE e contrasinal, e desde a cabeceira accede á opción de cargar a túa Lotobolsa.
Selecciona TARXETA BANCARIA e o importe que desexas cargar e preme no botón "ENVIAR". A continuación serás redirixido á WEB do procesador de pagos (Redsys) onde poderás escoller entre:
A continuación, o procesador contactará co banco emisor da túa tarxeta para solicitar a autorización da carga e confirmar que es o titular da mesma.
Esta autorización é específica para cada banco, polo tanto, poderán solicitarche un contrasinal persoal, un código enviado por SMS, o acceso mediante unha tarxeta de coordenadas ou outro método alternativo, segundo o sistema de seguridade empregado.
Para usala, selecciona "APPLE PAY" e escolle unha das tarxetas que configuraras previamente neste método de pagamento.
Lembra que, en ningún caso, SELAE coñecerá nin almacenará o número nin os datos da túa tarxeta bancaria. Só se conservará o identificador da transacción como comprobante de que se realizou correctamente.
Se ao seleccionar o pagamento con tarxeta de crédito/débito tamén escolliches a opción “USAR TARXETA ÚLTIMA CARGA”, non che solicitaremos ningunha información e notificaráselle ao PROCESADOR DE PAGAMENTO que para esta carga debe empregarse o mesmo identificador da tarxeta utilizada na última transacción realizada con este medio de pago.
O procesador validará a vixencia e validez desa tarxeta e, se o resultado é positivo, procederá directamente coa carga sen solicitarche nada máis.
© SELAE Todas as marcas de SELAE están rexistradas e está prohibido o uso destas por terceiros sen a autorización expresa de SELAE- Loterías y Apuestas del Estado