Sesión: - Último acceso:
Cada aposta de Lototurf consiste en seleccionar 6 números dunha táboa de 31 (números do 1 ao 31) e un cabalo (dorsais do 1 ao 12) correspondente ao gañador da 4ª carreira da xornada de Turf asociada. En Lototurf destínase o 55% da recadación a premios.
1.- Elixi-la combinación de 6 números e dorsal do cabalo que desexas xogar ou deixar que o sistema che ofreza unha combinación aleatoria.
2.- Podes xogar até 6 combinacións de 6 números e 1 cabalo (apostas sinxelas de varios bloques) dunha soa vez, ou unha combinación de máis números ou cabalos (por exemplo 6 números e 2 cabalos).
3.- Engadi-la combinación ou combinacións desexadas á túa compra.
4.- Continuar e decidir se queres realiza-la mesma compra en semanas sucesivas ou non.
5.- Revisar tódalas opcións e xogar.
Se realizases a túa aposta da Lototurf, de maneira aleatoria, sen teres en conta o que sabes de cabalos, terías as seguintes probabilidades aproximadas de acertares en cada categoría de premios:
Categoría |
Posibilidades aproximadas de acertar |
1.ª (6 acertos+cabalo gañador) |
1 entre 8.835.372 |
2.ª (6 acertos) |
1 entre 803.216 |
3.ª (5 acertos+cabalo gañador) |
1 entre 58.902 |
4.ª (5 acertos) |
1 entre 5.355 |
5.ª (4 acertos+ cabalo gañador) |
1 entre 1.963 |
6.ª (4 acertos) |
1 entre 178 |
7.ª (3 acertos gañador) |
1 entre 192 |
Reintegro |
1 entre 10 |
© SELAE Todas as marcas de SELAE están rexistradas e está prohibido o uso destas por terceiros sen a autorización expresa de SELAE- Loterías y Apuestas del Estado