Último acceso: Sesión: - Último acceso:

Xogar a Lototurf

 

Tes que seleccionar un mínimo de 6 números (do 1 ao 31) e prognosticar o cabalo gañador (do 1 ao 12) da 4ª carreira da xornada de hípica para realizar cada aposta. Se o desexas, podes seleccionar ti os números de cada aposta e o prognóstico do cabalo ou que o sistema o faga automaticamente por ti de maneira aleatoria.

O prezo dunha aposta é de 1 €.

O cabalo gañador vén determinado pola carreira que se celebra o día da xornada, tendo en conta que se o cabalo se retirase antes da carreira, particípase na aposta co cabalo que tivese o dorsal inmediatamente anterior (se fose o primeiro, participarase co cabalo que leve o último dorsal da carreira).

 

Tes dous métodos para xogar e aumentar as túas posibilidades de gañar:

  • Apostas simples: Cando seleccionas só os 6 números e un prognóstico do cabalo gañador. Deste modo podes xogar cada vez antes de pagar ata un máximo de 6 apostas nun mesmo boleto.
  • Apostas múltiples: Cando seleccionas máis de 6 números (ata 10) ou máis de 1 cabalo (ata 4) en cada aposta. O importe da aposta depende neste caso do número de combinacións que marques.

Xeralmente celébranse xornadas de Lototurf os domingos, pero tamén poden celebrarse os xoves. Sempre se participará na xornada próxima en celebrarse. O sorteo asociado á xornada que decide os números gañadores celébrase o mesmo día da xornada.

Para cada temporada, existe un calendario de xornadas previstas á disposición do público que se publica na nosa web. En xeral terás polo menos unha xornada semanal todo o ano.

Lembra que se obtés un premio superior a 2000 €; para que poidamos proceder ao pagamento  deberás indicarnos, a partir do detalle da aposta gañadora, a conta bancaria da túa propiedade onde queiras recibir o premio antes de que transcorran tres meses a partir da data da celebración do último sorteo no que participara a túa aposta gañadora.

 

Durante o sorteo, extráese, ademais dos 6 números gañadores, un reintegro (do 0 ao 9). O obxectivo é que gañe o apostado quen acertou o reintegro. Ti non elixes o reintegro do teu resgardo, senón que é asignado aleatoriamente polos Sistemas Centrais de Loterías.

En cada sorteo no que participes comprobarase este reintegro e, se o acertaches, recibirás o premio correspondente ao valor da aposta dese resgardo.

Os sorteos teñen lugar os días de xornada de Turf ás 21:15 horas en xeral, agás se é xoves que se celebra ás 21:45 horas. O escrutinio realízase despois do sorteo, agás en xornadas nocturnas de Turf que se realiza aproximadamente uns 30 minutos despois da finalización da 4ª carreira da xornada.