Sesión:
-
Último acceso:
Cada aposta consiste en prognosticar o gañador de 5 carreiras de cabalos e o 2º posto da 5ª carreira: marcarase o dorsal do cabalo elixido para cada carreira.
Se o desexas, podes seleccionar ti os prognósticos de cada aposta ou que o sistema o faga automaticamente por ti de maneira aleatoria.
O cabalo gañador vén determinado pola carreira que se celebra o día da xornada, tendo en conta que se o cabalo se retirase antes da carreira, particípase na aposta co cabalo que tivese o dorsal inmediatamente anterior (se fose o primeiro, participarase co cabalo que leve o último dorsal da carreira).
O prezo de cada aposta é de 1 €.
Tes dous métodos para xogar e aumentar as túas posibilidades de gañar:

Xeralmente celébranse xornadas de Quíntuple Plus os domingos, pero tamén poden celebrarse os xoves. Sempre se participará na xornada próxima en celebrarse.
Para cada temporada, existe un calendario de xornadas previstas á disposición do público que se publica na nosa web. En xeral terás polo menos unha xornada semanal todo o ano.
Lembra que se obtés un premio superior a 2000 €; para que poidamos proceder ao pagamento, deberás indicarnos, a partir do detalle da aposta gañadora a conta bancaria da túa propiedade, onde queiras recibir o premio antes de que transcorran tres meses a partir da data da celebración do día no que participara a túa aposta gañadora.
En xeral terás premio se acertas polo menos 4 cabalos gañadores. (Véxase a normativa respecto diso).
O escrutinio realízase uns 30 minutos despois da celebración do último evento da xornada de Turf.
© SELAE Todas as marcas de SELAE están rexistradas e está prohibido o uso destas por terceiros sen a autorización expresa de SELAE- Loterías y Apuestas del Estado