Último acceso: Sesión: - Último acceso:

CARGAR LOTOBOLSA

Desde esta sección podes engadir saldo á túa conta de xogo, un paso necesario para poder realizar apostas.

En primeiro lugar, SELECCIONA O MEDIO DE PAGO a través do cal queres cargar a túa conta de xogo (Lotobolsa). Os métodos dispoñibles son os seguintes:

  • Pago seguro introducindo a túa tarxeta bancaria ou seleccionándoa directamente a través de Apple Pay.

O importe mínimo permitido é de 1€. Só se aceptan tarxetas emitidas en España por VISA e MasterCard.

Se xa realizaches unha carga anterior coa túa tarxeta e desexas reutilizala sen volver introducir os seus datos, selecciona a opción "Usar tarxeta última carga".

 

  • A través de PayPal tras indicar as túas claves de acceso.

  • Mediante unha transferencia bancaria (transferencia rápida) se es cliente de BBVA ou CaixaBank.

Se precisas máis información, na propia páxina de carga da túa Lotobolsa atoparás unha axuda específica asociada a cada método de pago, onde se explica o seu funcionamento.

No seguinte paso, indica o IMPORTE que queres transferir á túa conta de xogo. Podes escoller unha das cantidades suxeridas ou, se o prefires, introducir manualmente a cantidade desexada, respectando o límite mínimo establecido para o medio de pago elixido.

Para continuar co proceso, fai clic no botón "ENVIAR" ou "Pagar con PAYPAL", segundo a opción que escolleras.
Unha vez realizada a carga, mostrarase unha páxina coa confirmación da operación realizada.

Lembra que para ingresar máis de 150 € (sumando todas as cargas realizadas dende o 28/03/2019), deberás ter verificado documentalmente os teus datos persoais achegando o teu documento de identidade.