Sesión:
-
Último acceso:
De acordo co artigo 36 do Real Decreto 1614/2011, polo que se desenvolve a Lei 13/2011 de regulación do xogo, en relación coas licenzas, autorizacións e rexistros do xogo, SELAE non permite actualmente aos participantes depositar na conta de xogo en liña importes superiores a:
Todos os participantes dispoñen da opción de reducir os límites de depósito autorizados. Calquera redución dos límites de depósito autorizados polo participante terá efecto inmediato.
Independentemente dos citados límites de carga, o participante conta cun campo no seu perfil de xogador en liña no que pode indicar o importe máximo para o seu gasto semanal. Cada vez que tente participar nos nosos xogos, o sistema verificará que o importe das apostas realizadas durante os últimos 7 días non supere ese valor.
A modificación destes límites podes realizala unha vez que te autentifiques na plataforma de Loterías y Apuestas e, desde as opcións que se mostran no menú da túa lotobolsa, selecciones a opción “OPCIONES”.

© SELAE Todas as marcas de SELAE están rexistradas e está prohibido o uso destas por terceiros sen a autorización expresa de SELAE- Loterías y Apuestas del Estado