Darrer accés: Sessió: - Darrer accés:

Accedint amb el navegador a la web

Unha vez que abras o navegador, abondará con que accedas a www.loteriasyapuestas.es e te autentiques co teu NIF/NIE e o teu contrasinal na cabeceira da nosa web:

No teu PC:

Ou no teu móbil:

Abondará con que accedas despois á páxina de cada xogo.


Para as Lotos: La Primitiva, Euromillones, Bonoloto, Gordo y Lototurf:

  1. Elixe o día do sorteo
  2. Elixe o tipo de aposta (sinxela ou múltiple)
  3. Elixe os números da túa combinación ou selecciona “automática” e elixiranse por ti.
  4. Preme en “Continuar” para ir xerando os bloques e, cando acabes, en “Seguinte”.
  5. Revisa a túa aposta e xógaa.

Para as apostas deportivas: La Quiniela, El Quinigol y Quíntuple Plus:

  1. Para Quiniela, elixe o tipo de aposta (sinxela/múltiple/condicionada/reducida)
  2. Elixe os teus prognósticos para a xornada ou selecciona “automática” e elixiranse por ti.
  3. Preme en “Continuar” para ir xerando os bloques e, cando acabes, en “Seguinte”.
  4. Revisa a túa aposta e xógaa.

Para Lotería Nacional:

  1. Elixe o día do sorteo no que queres participar.
  2. Selecciona os números do teu décimo.
  3. Decide cantos décimos comprar e preme en “Seguinte”.
  4. Revisa a túa elección e xógaa.




  • En todos os casos xerarase un resgardo virtual con todas as características da túa aposta, que terás accesible na propia web e que che será enviado tamén por correo electrónico. Ao ser un sistema 100% en liña, non necesitarás este resgardo para cobrar os teus premios, senón que só garante que participaches nun determinado sorteo e non necesitarás imprimilo.
  • Se aínda tes dúbidas, podes ver información máis detallada de como xogar a cada xogo na páxina de venda de cada un deles, no apartado "Como xogar":
                    

 

  • Se desexas gardar a combinación da túa aposta, podes marcala como favorita e poñerlle un nome que a identifique para xogala máis adiante de novo. Para saber como, preme  aquí.