Accedendo co navegador á web
Unha vez que abras o navegador, abondará con que accedas a www.loteriasyapuestas.es e te autentiques co teu NIF/NIE e o teu contrasinal na cabeceira da nosa web:
No teu PC:

Ou no teu móbil:

Abondará con que accedas despois á páxina de cada xogo.
---------------------------------------------------------------------
Para as Lotos: La Primitiva, Euromillones, Bonoloto, Gordo y Lototurf:
- Elixe o día do sorteo
- Elixe o tipo de aposta (sinxela ou múltiple)
- Elixe os números da túa combinación ou selecciona “automática” e elixiranse por ti.
- Preme en “Continuar” para ir xerando os bloques e, cando acabes, en “Seguinte”.
- Revisa a túa aposta e xógaa.

---------------------------------------------------------------------
Para as apostas deportivas: La Quiniela, El Quinigol y Quíntuple Plus:
- Para Quiniela, elixe o tipo de aposta (sinxela/múltiple/condicionada/reducida)
- Elixe os teus prognósticos para a xornada ou selecciona “automática” e elixiranse por ti.
- Preme en “Continuar” para ir xerando os bloques e, cando acabes, en “Seguinte”.
- Revisa a túa aposta e xógaa.

---------------------------------------------------------------------
Para Lotería Nacional:
- Elixe o día do sorteo no que queres participar.
- Selecciona os números do teu décimo.
- Decide cantos décimos comprar e preme en “Seguinte”.
- Revisa a túa elección e xógaa.
ç

---------------------------------------------------------------------
- En todos os casos xerarase un resgardo virtual con todas as características da túa aposta, que terás accesible na propia web e que che será enviado tamén por correo electrónico. Ao ser un sistema 100% en liña, non necesitarás este resgardo para cobrar os teus premios, senón que só garante que participaches nun determinado sorteo e non necesitarás imprimilo.
- Se aínda tes dúbidas, podes ver información máis detallada de como xogar a cada xogo na páxina de venda de cada un deles, no apartado "Como xogar":
La Primitiva
Euromillones
Bonoloto
El Gordo de la Primitiva
Lototurf
La Quiniela
El Quinigol
Quíntuple Plus
Lotería Nacional
- Se desexas gardar a combinación da túa aposta, podes marcala como favorita e poñerlle un nome que a identifique para xogala máis adiante de novo. Para saber como, preme aquí.