Sesión: - Último acceso:
Cada aposta de La Primitiva consiste en seleccionar 6 números dunha táboa de 49 (números do 1 ao 49). Na Primitiva destínase o 55% da recadación a premios.
1.- Elixir se queres xogar ao seguinte sorteo ou aos restantes da semana en curso (a celebrarse luns, xoves e sábado).
2.- Elixir a combinación de 6 números que desexas xogar ou deixar que o sistema che ofreza unha aleatoria.
3.- Podes xogar até 8 combinacións de 6 números (apostas sinxelas de varios bloques) dunha soa vez, ou unha combinación de máis números (por exemplo: 7 números que corresponde a 7 apostas, ou 8 números que corresponde a 28 apostas).
4.- Engadi-la combinación ou combinacións desexadas á túa compra.
5.- Decidir se queres xogar tamén ao Joker e participar na posibilidade de gañar 1 millón de euros.
6.- Continuar e determinar se queres realiza-la mesma compra en semanas sucesivas ou non.
7.- Revisar tódalas opcións e xogar.
© SELAE Todas as marcas de SELAE están rexistradas e está prohibido o uso destas por terceiros sen a autorización expresa de SELAE- Loterías y Apuestas del Estado