Sesión:
-
Último acceso:
Tes que seleccionar un mínimo de 5 números (do 1 ao 50) e dúas estrelas (do 1 ao 12) para realizar cada aposta. Se o desexas, podes seleccionar ti os números de cada aposta ou que o sistema o faga automaticamente por ti de maneira aleatoria.
O prezo dunha aposta son 2,50 €.
Tes dous métodos para xogar e aumentar as túas posibilidades de gañar:
Semanalmente celébranse sorteos os martes e os venres. Podes seleccionar participar nun deles (o próximo en celebrarse) ou en ambos se aínda non se celebrou ningún. Neste último caso participarás coa mesma combinación en ambos os sorteos.
Lembra que se obtés un premio superior a 2000 €; para que poidamos proceder ao pagamento deberás indicarnos, a partir do detalle da aposta gañadora, a conta bancaria da túa propiedade onde queiras recibir o premio antes de que transcorran tres meses a partir da data da celebración do último sorteo no que participara a túa aposta gañadora.
As probabilidades aproximadas de acertares no Euromillóns son as seguintes:
Categoría |
Posibilidades aproximadas de acertar |
1ª (5+2) |
1 entre 139.838.160 |
2ª (5+1) |
1 entre 6.991.908 |
3ª (5+0) |
1 entre 3.107.515 |
4ª (4+2) |
1 entre 621.503 |
5ª (4+1) |
1 entre 31.075 |
6ª (3+2) |
1 entre 14.125 |
7ª (4+0) |
1 entre 13.811 |
8ª (2+2) |
1 entre 985 |
9ª (3+1) |
1 entre 706 |
10ª (3+0) |
1 entre 314 |
11ª (1+2) |
1 entre 188 |
12ª (2+1) |
1 entre 49 |
13ª (2+0) |
1 entre 22 |
Ademais, con cada aposta que realices e polo mesmo prezo, sexa do martes ou do venres, ademais de xogar a Euromillones, participas no sorteo de El Millón, no que se pode gañar 1 millón de euros: Simplemente ao realizar a túa aposta de Euromillones asignaráseche un código de 3 letras e 5 números (impreso no resgardo virtual) co que participarás neste xogo asociado, e optarás polo tanto a este premio, ademais do habitual de Euromillones. Sempre hai un gañador en España de El Millón.
Para unha media de 5 millóns de apostas por sorteo, as probabilidades aproximadas de acertar O Millón son as seguintes:
Categoría |
Posibilidades aproximadas de acertar |
1ª categoría |
1 entre 5.000.000 |
Esporadicamente realízanse promocións chamadas Chuvia de millóns nas que se reparten premios de 1 millón de euros entre todos os xogadores de Euromillones, sen aumento de prezo. Para participar nestas promocións non fai falta realizar ningunha acción diferente: ao participar nos sorteos de Euromillones asociados á promoción, asignaráseche un código co que optas a levar un destes premios. As datas destas Chuvias de Millóns decídenas as Loterías dos países europeos que compoñen a comunidade de Euromillones.
Os sorteos de Euromillones sempre teñen un bote garantido de polo menos 17 millóns de euros e, como máximo, poderían alcanzar 250 millóns de euros.
En Euromillones terás premio se acertas polo menos 2 números ou 1 número e 2 estrelas. No Millón e nas promocións da Choiva de Millóns (Lluvia de Millones) terás premio se os respectivos códigos do teu resgardo resultan gañadores.
Os sorteos teñen lugar os martes e venres ás 21:00 horas.
© SELAE Todas as marcas de SELAE están rexistradas e está prohibido o uso destas por terceiros sen a autorización expresa de SELAE- Loterías y Apuestas del Estado