Último acceso: Sesión: - Último acceso:

Como modificar os datos persoais ou o contrasinal

Unha vez que completaches o rexistro, poderás acceder aos teus datos persoais directamente no menú "Os meus datos" no apartado "Perfil" para revisalos.   Ten en conta que só poderás modificar aqueles que non se utilizasen para verificar a túa identidade, tal e como establece a Lei de ordenación do xogo. 

----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Poderás modificar o teu contrasinal cando desexes, accedendo á web e facéndoo no apartado “Datos de acceso” de “Os meus datos”.

Se non o lembras, sempre podes

solicitar un novo contrasinal:

Solicitarémosche o teu correo electrónico e un texto de verificación para evitar accesos non desexados.

Recibirás un correo cunha ligazón para que poidas actualizar o contrasinal ti mesmo.

Se non lembras o teu contrasinal e o teu correo electrónico non é válido, non poderás solicitar un novo contrasinal a través do procedemento habitual. Neste caso é necesario que nos envíes un correo electrónico no que achegues unha foto do teu NIF/NIE por ambas as caras, e nos indiques o novo correo electrónico ao enderezo internet@selae.es,  e que sinales no asunto: “Cambio de email”. O noso Centro de Atención a Usuarios actualizará o novo correo electrónico que nos indicaches e recibirás un correo electrónico no novo enderezo de correo electrónico onde se che confirmará o cambio. Unha vez actualizado o teu correo electrónico, poderás cambiar o teu contrasinal e seguir xogando connosco.