Último acceso: Sesión: - Último acceso:

Como tributan os premios de SELAE?

Os premios outorgados por Loterías y Apuestas del Estado poden ser:

1. Exentos de retención, se o importe do premio é igual ou inferior a 40.000 €.**

2. Podes ter un resgardo premiado cunha cantidade exenta e, ademais, outra aposta premiada cunha parte suxeita ao imposto. O gravame especial aplicarase de forma independente respecto de cada décimo, fracción ou cupón de lotaría ou aposta premiados.

**No caso do Millón (xogo asociado a Euromillones), dado que a participación nese xogo é de 0,30 €, a contía exenta redúcese de forma proporcional, polo que a exención é de 24.000 €.

E se o premio é compartido? (Non aplicable ao xogo en liña)

No suposto de que o premio sexa de titularidade compartida, a contía exenta prevista nos parágrafos anteriores ratearase entre os cotitulares en función da cota que lles corresponda. Por exemplo, se un décimo foi agraciado cun premio de 60.000 € e o premio é compartido entre 4 persoas, a tributación será a que se mostra a continuación.

Premio do décimo (bruto): 60.000 €

Parte exenta de tributación por décimo: 40.000 €

Base para aplicar a retención: 60.000 – 40.000 = 20.000 €

Gravame: 20 %

Retención: 20.000 × 20 % = 4.000 €

Premio do décimo (neto) = 60.000 – 4.000 = 56.000 €

Premio do décimo para cada unha das catro persoas agraciadas (bruto): 60.000 / 4 = 15.000 €

Premio do décimo para cada unha das catro persoas agraciadas (neto): 56.000 / 4 = 14.000 €

É dicir, que a cada unha das 4 persoas agraciadas corresponderon 15.000 € brutos, dos cales finalmente tributou 1.000 € e quedaron netos 14.000 €, que será o importe cobrado.