Último acceso: Sesión: - Último acceso:

Datos persoais

 

Os teus datos persoais son necesarios segundo establece a Ley 13/2011, de 27 de mayo, de Regulación del Juego.

Os datos solicitados que tes que completar son os seguintes:

Primeiro paso:

  1. Tratamento: elixe entre Señor (Sr.) ou Señora (Sra.).
  2. Primeiro apelido: tal e como aparece no teu DNI.
  3. Segundo apelido: tal e como aparece no teu DNI.
  4. Nome: tal e como aparece no teu DNI.
  5. Data de nacemento: tal e como aparece no teu DNI.
  6. NIF/NIE: introduce a numeración do teu Documento de Identificación.
  7. Texto da imaxe: terás que teclea-los caracteres que aparecen na imaxe. Esta proba é unha defensa contra os ataques de robots de xeración de contrasinais. Unha das moitas medidas de seguridade que ten a nosa páxina web.

Este apartado non se pode mudar, por iso é tan importante que comprobes que os datos que introduces ao rexistrarche son correctos.

SELAE tratará os seus datos coa finalidade exclusiva de lle proporcionar os servizos e cumprir coa normativa de protección de datos persoais. Pode consultar a información adicional e detallada sobre protección de datos na sección de Tratamento de Datos Persoais do Contrato de Xogo vixente, dispoñible na sección Normativa do Centro de Axuda.