Sesión: - Último acceso:
Tes que seleccionar un mínimo de 6 números (do 1 ao 49) para realizar cada aposta. Se o desexas, podes seleccionar ti os números de cada aposta ou que o sistema o faga automaticamente por ti de maneira aleatoria.
O prezo dunha aposta é de 0,50 €, pero debes xogar boletos de polo menos 1 €. Isto significa que, se o teu boleto participa nun único sorteo, deberás incluír polo menos dúas apostas. Se o teu boleto participa en máis dun sorteo esa semana, poderás incluír unha única aposta.
Tes dous métodos para xogar e aumentar as túas posibilidades de gañar:
Semanalmente celébranse sorteos todos os días. Podes seleccionar participar nun deles (o próximo en celebrarse) ou en varios (os que aínda non se celebrasen esa semana). Neste último caso participarás coa mesma combinación en todos os sorteos.
Lembra que se obtés un premio superior a 2000 €; para que poidamos proceder ao pagamento deberás indicarnos, a partir do detalle da aposta gañadora, a conta bancaria da túa propiedade onde queiras recibir o premio antes de que transcorran tres meses a partir da data da celebración do último sorteo no que participara a túa aposta gañadora.
Durante cada sorteo extráense, ademais dos 6 números gañadores, un número complementario e un reintegro (do 0 ao 9). O obxectivo é, no primeiro caso, dar a oportunidade de subir o seu premio a quen acertou exactamente cinco dos seis números da combinación gañadora e mais este número complementario e, no segundo caso, de gañar o apostado a quen acertou o reintegro. Ti non elixes o reintegro do teu resgardo, senón que é asignado aleatoriamente polos Sistemas Centrais de Loterías.
En cada sorteo no que participes comprobarase este reintegro e, se o acertaches, recibirás o premio correspondente ao valor da aposta diaria dese resgardo.
Terás premio se acertas polo menos 3 números.
Os sorteos teñen lugar os luns, martes, mércores, xoves, venres, sábados e domingos ás 21:30 horas.
As probabilidades aproximadas de acertar na Bonoloto son as seguintes:
Categoría |
Posibilidades aproximadas de acertar |
1.ª (6 acertos) |
1 entre 13.983.816 |
2.ª (5 acertos+C) |
1 entre 2.330.636 |
3.ª (5 acertos) |
1 entre 55.491 |
4.ª (4 acertos) |
1 entre 1.032 |
5.ª (3 acertos) |
1 entre 57 |
Reintegro |
1 entre 10 |
© SELAE Todas as marcas de SELAE están rexistradas e está prohibido o uso destas por terceiros sen a autorización expresa de SELAE- Loterías y Apuestas del Estado