Último acceso: Sesión: - Último acceso:

Xogar a La Primitiva

Semanalmente celébranse sorteos os luns, xoves e sábados. Podes seleccionar participar nun deles (o próximo a celebrarse) ou nos que falten por celebrar para esa semana. Neste último caso participarás coa mesma combinación en todos os sorteos.

O prezo dunha aposta é de 1 €.

Tes dous métodos para xogar e aumentar as túas posibilidades de gañar:

  • Apostas simples: Cando seleccionas só os 6 números. Deste modo podes xogar cada vez antes de pagar ata un máximo de 8 apostas nun mesmo boleto.
  • Apostas múltiples: Cando seleccionas máis de 6 números (ata 11) ou só 5 números en cada aposta. O importe da aposta depende neste caso do número de combinacións que marques.

Semanalmente celébranse sorteos os xoves e os sábados. Podes seleccionar participar nun deles (o próximo en celebrarse) ou en ambos se aínda non se celebrou ningún. Neste último caso participarás coa mesma combinación en ambos os sorteos.

Lembra que se obtés un premio superior a 2000 €; para que poidamos proceder ao pagamento deberás indicarnos, a partir do detalle da aposta gañadora, a conta bancaria da túa propiedade onde queiras recibir o premio antes de que transcorran tres meses a partir da data da celebración do último sorteo no que participara a túa aposta gañadora.

 

As probabilidades aproximadas de acertar na Primitiva son as seguintes:

Categoría

Posibilidades aproximadas de acertar

Especial (6 acertos+reintegro)

1 entre 139.838.160

1.ª (6 acertos)

1 entre 13.983.816

2.ª (5 acertos+C)

1 entre 2.330.636

3.ª (5 acertos)

1 entre 55.491

4.ª (4 acertos)

1 entre 1.032

5.ª (3 acertos)

1 entre 57

Reintegro

1 entre 10

Ademais, con cada aposta que realices, sexa de luns, xoves ou de sábados, tes a oportunidade de xogar ao Joker por 1 € máis, no cal podes gañar até 1 Millón de euros: Simplemente ao realizar a túa aposta da Primitiva elixe participar ao Joker e asignar un código de 7 cifras (impreso no resgardo virtual) co que participarás neste xogo asociado, e optarás por tanto a estes premios ademais dos habituais da Primitiva.

Para O Jóker, as probabilidades aproximadas de acertares son as seguintes:

Categoría

Posibilidades aproximadas de acertar

1.ª (7 acertos)

1 entre 10.000.000

2.ª (6 primeiras ou 6 últimas cifras)

1 entre 500.000

3.ª (5 primeiras ou 5 últimas cifras)

1 entre 50.000

4.ª (4 primeiras ou 4 últimas cifras)

1 entre 5.000

5.ª (3 primeiras ou 3 últimas cifras)

1 entre 500

6.ª (2 primeiras ou 2 últimas cifras)

1 entre 50

7.ª (primeira ou última cifra)

1 entre 5

Durante o sorteo, extráense, ademais dos 6 números gañadores, un número complementario e un reintegro (do 0 ao 9). O obxectivo é, no primeiro caso, dar a oportunidade de subir o seu premio a quen acertou exactamente cinco dos seis números da combinación gañadora e mais este número complementario e, no segundo caso, de gañar o apostado a quen acertou o reintegro. Ti non elixes o reintegro do teu resgardo, senón que é asignado aleatoriamente polos Sistemas Centrais de Loterías.

En cada sorteo no que participes comprobarase este reintegro e, se o acertaches, recibirás o premio correspondente ao valor da aposta diaria dese resgardo.

Terás premio se acertas polo menos 3 números.

Os sorteos teñen lugar os luns, xoves e sábados ás 21:40 horas.